Dirt

Dirt
Álbum de Alice in Chains
Publicado29 de setembro de 1992
Gravaciónmarzo - maio de 1992
Estudio(s)One on One Studios, Eldorado Recording Studios e London Bridge Studio
Duración57:35
Xénero(s)metal alternativo, grunge
Selo(s)Columbia Records
Producido porAlice in Chains e Dave Jerden
Cronoloxía
Sap Dirt Jar of Flies

Dirt é o segundo álbum de estudio da banda estadounidense de hard rock Alice in Chains. Foi editado o 29 de setembro de 1992 a través do selo Columbia Records. Dirt acadou o número 6 da lista Billboard 200 e foi certificado catro veces platino pola RIAA, sendo o álbum máis vendido da banda ata a data.

Do disco sacáronse cinco sinxelos: "Would?", "Them Bones", "Angry Chair", "Rooster" e "Down in a Hole". As cancións do traballo céntranse na depresión, na ira, nos comportamentos antisociais, no uso das drogas, a guerra ou a morte.


© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search