Flanger

Pedal Ibanez CF7 Chorus/Flanger.
Exemplo de flanger. Unha mostra pequena seguida de dúas versións con flanger.

O flanger é un efecto de son que produce un son característico metalizado oscilante, sobre todo en frecuencias medias e altas. O efecto flanger obtense duplicando a onda sonora orixinal; unha das ondas mantense limpa de procesado, mentres que á segunda se lle aplica un delay (atraso) de entre 5 e 25 milisegundos, co que se crea un efecto de comb filter (filtro de peite), que actúa respectando os harmónicos.


© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search