Leucotrieno

Leucotrieno A4 (LTA4). Ten catro dobres enlaces, tres deles conxugados, o cal é unha característica común dos leucotrienos A4, B4, C4, D4, e E4.
LTB4.
O LTC4 é un cisteinil leucotrieno, igual que D4 e E4.
LTD4.
LTE4.

Os leucotrienos son lípidos do grupo dos eicosanoides, que funcionan como moléculas de sinalización celular. Unha das súas funcións (especificamente do leucotrieno D4) é provocar a contracción dos músculos lisos da traquea; a súa sobreprodución é unha das principais causas da inflamación que se presenta en casos de asma e rinite alérxica.[1] Os antagonistas dos leucotrienos utilízanse para tratar esas doenzas ao inhibiren a produción ou a actividade dos leucotrienos.

Os leucotrienos producidos na célula conducen sinais que actúan ou ben na célula que os produciu (sinalización autócrina) ou ben nas células veciñas (sinalización parácrina) para regular a resposta inmunitaria.

Os leucotrienos sintetízanse no corpo a partir doc ácido araquidónico por acción do encima 5-lipoxixenase. A súa produción xeralmente acompáñase da produción de histamina.

  1. David L. Nelson, Michael M. Cox. Lehninger's Principles of Biochemistry, Fifth Edition. W.H. Freeman and Co., 2008, p. 359.

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search