Lipdub

Lipdub ou lip dub (do inglés "dobraxe de beizos") é unha realización dun vídeo musical realizado por un grupo de persoas que sincroniza os seus beizos, xestos e movementos cunha canción popular ou calquera outra fonte musical. Adóitase realizar nunha soa toma (plano secuencia), na que os participantes fan playback mentres soa a música nun reprodutor móbil, sen importar a calidade do son da toma porque é na edición posterior cando se incorpora a canción como banda sonora. O feito de que se trate dun plano secuencia fai moi sinxelo o proceso. Con estes vídeos, os seus autores, amais de realizaren de xeito colectivo unha experiencia creativa, moi divertida e sen complicacións técnicas, adoitan tratar de mostrar o bo ambiente nunha institución determinada: universidade, empresa etc.

Actualmente o récord mundial de máis xente participando nun lip dub é o LipDub per la independència[1][2] , realizado o 24 de outubro de 2010 na cidade de Vic. Participaron 5.771 persoas, segundo a World Records Academy. A canción escollida foi La Flama, do grupo Obrint Pas.[3]

  1. Páxina web oficial do Lip dub per la independència
  2. "Un 'lipdub' por la independencia rodado en Vic registra el récord mundial de participación". Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 30 de outubro de 2010. 
  3. (Ver vídeo)

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search