Montoneros

Montoneros foi unha organización guerrilleira arxentina que desenvolveu as súas accións con maior intensidade entre os anos 1970 e 1979. Os seus obxectivos foron: a desestabilización do goberno de facto autodenominado "Revolución Arxentina" (Onganía, Levingston, Lanusse / 1966 - 1973), o retorno ao poder do Xeneral Juan Domingo Perón, e a instauración na Arxentina dun sistema de goberno que denominaban "Socialismo Nacional", ao que consideraban como a evolución histórica natural do peronismo.

Aínda que durante os seus primeiros anos de existencia recibiron o apoio do Xeneral Perón e de boa parte do Movemento Peronista, a partir do primeiro de maio de 1974, os graves erros políticos cometidos, que ocasionaron o rexeitamento sufrido por parte do mesmo líder e dos sectores sindicais e políticos do peronismo ortodoxo, motivaron o gradual illamento e o pase á clandestinidade do grupo, que posteriormente foi aniquilado pola ditadura militar que derrocou á viúva de Perón, María Estela Martínez de Perón, o 24 de marzo de 1976.


© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search