Mucilaxe

Unha orballiña (Drosera) coa folla dobrada arredor dunha mosca atrapada por mucilaxe.

A mucilaxe[1] é en química calquera substancia viscosa produto da disolución de goma (ou dextrina) en auga, utilizada para suspender substancias insolúbeis e para aumentar a viscosidade.

No eido da bioloxía refírese a unha substancia viscosa que se encontra nalgúns vexetais, coagulábel ao alcol.[2]

As mucilaxes son análogas, pola súa composición e as súas propiedades, ás gomas, dan coa auga disolucións viscosas ou se inchan en elas para formaren unha pseudodisolución xelatinosa.

Atópanse no argazo, na liñaza (sementes do liño), nas sementes de chía (Salvia hispanica), nas raíces da malva, no marmeleiro, nos liques, nos cactos do xénero Opuntia, en certos fungos e en moitos vexetais.

Proceden da degradación da celulosa, da calosa, da lignina e das materias pécticas.

  1. Coordinadores: Jaime Gómez Márquez, Ana Mª Viñas Díaz e Manuel González González. Redactores: David Villar Docampo e Luís Vale Ferreira. Revisores lingüísticos: Víctor Fresco e Mª Liliana Martínez Calvo. (2010). Dicionario de bioloxía galego-castelán-inglés. (PDF). Xunta de Galicia. p. 119. ISBN 978-84-453-4973-1. 
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para mucilaxe.

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search