Parteluz

O parteluz ou mainel é un elemento arquitectónico sustentante, en forma de columna, que se dispón no centro do van dun arco, «partindo» a «luz» dese van, é dicir, dividíndoo en dous vans.[1]

Habitualmente disponse baixo o tímpano nun pórtico ou formando parte dunha fiestraxe, nese caso tal fiestra recibe o nome de mainel.

Se está situado nun pórtico, pode estar adornado cunha figura, xeralmente de iconografía relixiosa.

  1. Lajo 1990, p. 128.

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search