QDOS | |
---|---|
![]() | |
![]() | |
Tipo | sistema operativo e software privativo ![]() |
Parte da serie | DOS ![]() |
Linguas
| |
Características | |
Plataforma | x86 ![]() |
Linguaxe de programación | linguaxe ensambladora ![]() |
Dispositivo de entrada | liña de comandos ![]() |
Datas | |
Creación | 1980 ![]() |
Acontecementos | |
27 de xullo de 1981 | mudança de proprietário (pt) ![]() ![]() |
Persoas e organizacións | |
Desenvolvedor | Seattle Computer Products (pt) ![]() ![]() |
Cronoloxía | |
PC DOS ![]() | |
[ Wikidata ] |
O QDOS (siglas en inglés de "Quick and Dirty Operating System") é o que se traduce en galego como "Sistema Operativo Rápido e Sucio". Escrito e comercializado por Tim Paterson, era un sistema de 16 bits que pertencía á compañía estadounidense Seattle Computer Products. Estaba baseado no Control Program/Monitor (CP/M) de Gary Kildall para o seu kit de computador, que á súa vez se baseaba no procesador Intel 8086. O QDOS tiña unha estrutura de comandos e unha interface de programación de aplicacións que imitaba ao sistema operativo CP/M, propiedade de Digital Research, o que facilitou a portabilidade de programas desde este último. Paterson comprou un manual de CP/M e programou o seu sistema operativo, tomando CP/M como base, nun mes e medio. A empresa comercializouno logo baixo o nome de 86-DOS.
O devandito sistema operativo sería adquirido despois por Bill Gates para Microsoft por 50 000 dólares e chegaría a ser a base do seu imperio. Foi coñecido como PC-DOS para os produtos de IBM, nos que viña preinstalado. Con todo, sería MS-DOS o nome máis popular co que se coñecería en todo o mundo.
© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search