O mar de Kara (en ruso:Карское море, Kárskoe more) é un sector do océano Glacial Ártico, localizado ao norte de Siberia (Rusia). Esténdese entre os arquipélagos de Nova Zembla e Terra do Norte. Ao sur ten como límite a costa setentrional de Siberia, na que destacan as penínsulas de Yamal e a de Taimir. A palabra "kara" deriva de kara, que en varias linguas turcas significa "negro" e tamén simboliza "norte".
© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search