Aceda

Espiga da herba acedeira

A aceda[1][2] ou herba acedeira (Rumex acetosa) é unha planta herbácea perenne que pode chegar a 100 cm de altura, aínda que o habitual é que non pase de 60 cm, e que medra en pradeiras en moitas partes de Europa. A súa flor é pequena, de cor verde e vemella; as flores masculinas e femininas están localizadas en plantas separadas. Agroma entre maio e xullo. As súas follas son lanceoladas, cos lóbulos basais apuntando cara a abaixo. Posúen un sabor acedo e chegan aos 10 cm de lonxitude.

Utilizada como condimento ou en ensaladas, ten algunhas aplicacións medicinais.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para aceda.
  2. VV. AA. (2012): Dicionario de alimentación e restauración, Santiago de Compostela, Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega, p.23.

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search