Acimut

O acimut[1] é o arco do horizonte entre o punto norte e o círculo vertical que pasa por un corpo celeste. Mídese desde o norte no sentido das agullas do reloxo, de xeito tal que o norte é 0º, leste 90º, sur 180º, oeste 270º e outra vez norte 360º.

O acimut adoita medirse en graos (°), no intervalo positivo de 0° a 360° ou no intervalo con signo -180° a +180°. O concepto utilízase en navegación, astronomía, enxeñaría, mapas, minería e balística.

A palabra acimut úsase hoxe en todas as linguas europeas. Ten a orixe no árabe medieval السموت (al-sumūt, pronunciado as-sumūt), que significa "as direccións" (plural do árabe السمت al-samt = "a dirección").

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para acimut.

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search