Aeroflot

Aeroflot - Аэрофло́т
IATA
SU
OACI
AFL
Indicativo
AEROFLOT
Fundación9 de febreiro de 1923
Inicio das operacións15 de xullo de 1923
Aeroporto principalAeroporto Internacional Sheremetyevo, Moscova
Plan de voo frecuenteAeroflot Bonus
AlianzaSkyTeam
SubsidiariasAeroflot Cargo, Aeroflot-Finance, Jetallians Vostok, Donavia
Frota126 avións
Destinos116
HoldingGoberno de Rusia
Eslogan da compañíaSinceramente túa. Aeroflot (en ruso: Искренне ваш, Аэрофлот – Iskrenne vash, Aeroflot)
SedeMoscova
DirixentesVitaly Gennadyevich Savelyev (director xeral)
Páxina web: http://www.aeroflot.ru/
Airbus A320-200 de Aeroflot

Aeroflot - Liñas Aéreas Rusas (en ruso Аэрофло́т - Росси́йские авиали́нии), ou Aeroflot (Аэрофло́т), é a liña aérea nacional de Rusia e a maior das existentes no país. No seu día foi tamén a compañía máis importante da Unión Soviética e a maior do mundo. A súa base é o Aeroporto Internacional Sheremetyevo en Moscova. A aeroliña opera en 97 destinos internacionais de 48 países.

Aeroflot é unha das aeroliñas máis antigas do mundo, creándose no ano 1923. En 1956 converteuse na primeira en operar regularmente con reactores, usando o Tupolev Tu-104. Recentemente[cando?] embarcouse nun programa de modernización da súa frota e de reestruturación das súas rutas. A aeroliña uniuse a SkyTeam Alliance en abril do ano 2006.


© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search