Aeroporto de Belgrado-Nikola Tesla Аеродром Никола Тесла Београд
| |||
---|---|---|---|
Sumario | |||
Propietario | goberno de Serbia | ||
Operador | Aerodrom Nikola Tesla a.d. | ||
Elevación (msnm) | 102 metros / 336 pés | ||
Coordenadas | Coordenadas: 44°49′10″N 20°18′25″L / 44.819444444444, 20.306944444444 | ||
Web | |||
Pista(s) | |||
Dirección | Longo | Superficie | |
metros | pés | ||
12/30 | 3 400 | 11 155 | asfalto/formigón |
Estatísticas (2016) | |||
Pasaxeiros | 4 924 992 |
O aeroporto de Belgrado-Nikola Tesla (IATA: BEG, ICAO: LYBE) é un aeroporto internacional que serve a Belgrado, Serbia. Anteriormente coñecido sinxelamente como aeroporto de Belgrado ou como aeroporto de Surčin, foi rebautizado no ano 2006 na honra do científico e inventor Nikola Tesla. É o aeroporto máis grande e concorrido de Serbia e atópase a 18 km ao oeste do centro de Belgrado, preto do suburbio de Surčin.
A aeroliña nacional do país, Air Serbia, usa o aeroporto como o seu centro de conexións. Tamén é unha base para a aeroliña de baixo custo Wizz Air. Ademais, os servizos de taxi aéreo Air Pink e Prince Aviation tamén usan o aeroporto como fogar.
© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search