Albania

Modelo:Xeografía políticaAlbania
Republika e Shqipërisë (sq)
Αλβανία (el) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

HimnoHymni i Flamurit Editar o valor em Wikidata

Lema«You Albania, give me honour, give me the name Albanian (en) Traducir» Editar o valor em Wikidata
Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 41°N 20°L / 41, 20Coordenadas: 41°N 20°L / 41, 20
CapitalTirana Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación2.793.592 (2022) Editar o valor em Wikidata (97,18 hab./km²)
Lingua oficiallingua albanesa Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Superficie28.748 km² Editar o valor em Wikidata
Auga5,7 % Editar o valor em Wikidata
Bañado pormar Adriático e Mar Mediterráneo Editar o valor em Wikidata
Punto máis altoMonte Korab (2.764 m) Editar o valor em Wikidata
Punto máis baixomar Adriático (0 m) Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación28 de novembro de 1912 Editar o valor em Wikidata
Organización política
Forma de gobernoParlamentarismo Editar o valor em Wikidata
• Presidente Editar o valor em WikidataBajram Begaj (2022–) Editar o valor em Wikidata
• Primeiro ministro Editar o valor em WikidataEdi Rama Editar o valor em Wikidata
Órgano lexislativoAsemblea de Albania , (Escano: 140) Editar o valor em Wikidata
Membro de
PIB nominal17.930.565.119 $ (2021) Editar o valor em Wikidata
MoedaLek albanés Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Dominio de primeiro nivel.al Editar o valor em Wikidata
Prefixo telefónico+355 Editar o valor em Wikidata
Teléfono de emerxencia112, 127, 128 e 129 Editar o valor em Wikidata
Código de paísAL Editar o valor em Wikidata
Código NUTSAL Editar o valor em Wikidata

Páxina webkryeministria.al… Editar o valor em Wikidata
BNE: XX450686

Albania (en albanés, Shqipëri ou Shqipëria), oficialmente República de Albania (en albanés, Republika e Shqipërisë), é un país balcánico, situado nas costas do mar Adriático e do mar Xónico, no Mediterráneo. Comparte fronteiras con Montenegro ao noroeste, con Kosovo[1] ao nordeste, coa Macedonia do Norte ao leste e con Grecia ao sur. Tirana é a súa capital e cidade máis poboada, seguida de Durrës, Vlorë e Shkodër.

Albania presenta unhas condicións climáticas, xeolóxicas, hidrolóxicas e morfolóxicas variadas, definidas nunha superficie de 28 748 km2. Posúe unha gran diversidade, cunha paisaxe que vai dende as nevadas montañas dos montes Prokletije, así coma dos montes Korab, ata as cálidas e soleadas costas mediterráneas albanesas.

Albania foi poboada por diferentes civilizacións ao longo do tempo, como os ilirios, tracios, gregos, romanos, bizantinos, venecianos e otománs. Os albaneses estableceron o Principado autónomo de Arbër no século XII. O reino de Albania e o Principado de Albania formáronse entre os séculos XIII e XIV. Antes da conquista otomá de Albania no século XV, a resistencia albanesa á expansión otomá, liderada por Skanderbeg, gañou o recoñecemento de case toda Europa. Albania permaneceu baixo o dominio otomán durante case cinco séculos, nos cales moitos albaneses alcanzaron altos cargos no imperio, especialmente no sur dos Balcáns e en Exipto. Entre os séculos XVIII e XIX, o desenvolvemento cultural deu lugar ao Renacemento albanés. En 1912, trala derrota otomá nas Guerras balcánicas, a moderna nación de Albania declarou a súa independencia.[2]

Albania é unha democracia parlamentaria que aínda segue a transformar o seu sistema económico cara a unha economía de mercado. É membro das Nacións Unidas, da OTAN, da Organización para a Seguridade e a Cooperación en Europa, do Consello de Europa, da Organización Mundial do Comercio e da Organización da Conferencia Islámica. Ademais é un candidato potencial á adhesión á Unión Europea dende xaneiro de 2003, solicitando formalmente o seu ingreso o 28 de abril de 2009.

  1. O status político de Kosovo é controvertível. Tras declarar unilateralmente a súa independencia de Serbia en 2008, Kosovo é recoñecido formalmente coma un estado independente por 100 estados membros da ONU, mentres que 93 non o recoñecen. Serbia segue reclamándoo como parte do seu propio territorio.
  2. "Albania". The World Factbook (en inglés). Consultado o 21 de xuño de 2013. 

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search