Alfabeto hebreo

Historia do alfabeto

Idade de Bronce Medio ss –XIX - -XV

Meroítico s. –III.
Xenealoxía completa

O abxad hebreo, algunhas veces denominado mediante a súa forma hebrea alef-bet (אָלֶף-בֵּית), é a serie formada polas consoantes hebreas. Está composto por 22 caracteres, dos cales cinco teñen unha grafía distinta ao final das palabras. Utilízase para escribir o idioma hebreo, o iídix e, en menor medida, o xudeu-español.

O alef-bet é propia e orixinalmente un abxad, é dicir, só contén caracteres consonánticos. A puntuación diacrítica dos masoretas utilízase unicamente como unha axuda na aprendizaxe do idioma, xa que orixinalmente o idioma hebreo -—xa sexa o moderno ou antigo— non a utiliza, é o lector quen a prové. O hebreo arcaico empregouse desde a súa creación até os patriarcas. O hebreo antigo aparece na época dos Reies (Saúl, David, Salomón etc.), e o hebreo cadrado ou moderno aparece por primeira vez no século III a. C.


© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search