Anschluss

Mapa do Terceiro Reich no que se inclúe a súa expansión ata 1943.

Anschluss[1] é unha palabra alemá que, nun contexto político, significa «unión», «reunión» ou «anexión».[2] Foi usada para referirse á fusión de Austria e a Alemaña nazi nunha soa nación, o 12 de marzo de 1938 como unha provincia do Terceiro Reich, pasando de Österreich a Ostmark («Marca do Leste»). Esta situación durou ata o 5 de maio de 1945, cando os Aliados ocuparon a provincia alemá de Ostmark. O goberno militar aliado terminou en 1955, cando se constituíu o novo Estado de Austria.

Os sucesos do 12 de marzo de 1938 enmárcanse nos anhelos expansionistas de Adolf Hitler para Alemaña. Foron precedidos pola devolución do Sarre en 1935, tralo plebiscito que puxo fin ao control da Sociedade de Nacións que o Tratado de Versalles encomendoulle por un período de quince anos a Francia; e seguidos pola crise dos Sudetes, a ocupación do resto de Checoslovaquia tralos acordos de Múnic, e a invasión de Polonia que, finalmente, supuxo o detonante da segunda guerra mundial.

  1. Antes da reforma ortográfica de 1996, esta palabra escribíase como Anschluß. En Austria e Alemaña tamén coñécese como Anschluss Österreichs («Anexión de Austria»).
  2. Álvarez-Prada 2002, p. 51.

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search