Antics

Antics
Álbum de Interpol
Publicado27 de setembro do 2004
Estudio(s)Tarquin Studios, Bridgeport, Connecticut
Duración41:39
Xénero(s)post-punk revival
Selo(s)Matador Records
Producido porPeter Katis, Interpol
Cronoloxía
Turn on the Bright Lights Antics Our Love to Admire

Antics é o segundo álbum da banda estadounidense de post-punk revival Interpol, editado o 27 de setembro do 2004 a través do selo Matador Records. Aínda que máis maduro que o seu predecesor, Turn on the Bright Lights, repite a súa mesma fórmula con arranxos escasos dirixidos polo marcado son do baixo e unha forte batería, e con intricadas liñas de guitarra que lembran a The Chameleons. Musicalmente é máis brillante que o seu predecesor.

O álbum foi reeditado en agosto do 2005 nos Estados Unidos, cun segundo disco que contén catro remesturas, unha cara-B e os vídeos dos tres sinxelos.

O disco foi elixido pola publicación Pitchfork Media o 27 mellor álbum do ano 2004[1].

  1. Os 50 mellores álbums de 2004 para Pitchfork Media

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search