Antillas Neerlandesas

Modelo:Xeografía políticaAntillas Neerlandesas

HimnoHet Wilhelmus Editar o valor em Wikidata

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 15°N 66°O / 15, -66Coordenadas: 15°N 66°O / 15, -66
CapitalWillemstad Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación197.041 (2009) Editar o valor em Wikidata (246,3 hab./km²)
Lingua oficiallingua neerlandesa
Papiamento
lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie800 km² Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación15 de decembro de 1954 Editar o valor em Wikidata
Disolución10 de outubro de 2010 Editar o valor em Wikidata
Sucedido porAruba, Curaçao, Sint Maarten e Países Baixos Caribeños Editar o valor em Wikidata
Organización política
Forma de gobernomonarquía constitucional Editar o valor em Wikidata
Membro de
MoedaFlorín das Antillas Neerlandesas Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Dominio de primeiro nivel.an Editar o valor em Wikidata
Código de paísAN Editar o valor em Wikidata

As Antillas Neerlandesas (AA.NN.) (en neerlandés Nederlandse Antillen, en Papiamento: Antia Hulandes[1]), tamén coñecidas como as Antillas Holandesas,[2] foi un estado autónomo no Caribe dentro do Reino dos Países Baixos. Aínda que foi disolto, todas as súas illas constituíntes permanecen como parte do reino baixo un estatuto xurídico diferente. O termo aínda se utiliza para referirse a estas illas do Caribe neerlandés.

As Antillas Neerlandesas consisten en dous grupos de illas distintos. En primeiro lugar, as "Illas de Barlovento" ou "illas ABC", Aruba, Bonaire e Curaçao, atópanse no sur do mar Caribe, xusto á beira da costa de Venezuela. En segundo lugar, as de "Sotavento" ou "Illas SSS", Sint Maarten, Saba e San Eustaquio, forman parte das Antillas Menores; están aproximadamente a 800 – 900 km ao nordeste das Illas de ABC. Os holandeses colonizaron as diversas illas no século XVII e uníronas como as Antillas Neerlandesas en 1954.

As Antillas Neerlandesas foron disoltas o 10 de outubro de 2010. Curaçao e Sint Maarten convertéronse en países constituíntes dos Países Baixos xunto a Aruba, que se convertera nun país constituínte distinto en 1986; mentres que Bonaire, San Eustaquio e Saba (as "Illas BES") se converteron en municipios especiais dentro da normativa dos Países Baixos.[3]

  1. Papiamentu/Ingles Dikshonario, Ratzlaff, Betty; pg. 11
  2. "Status change means Dutch Antilles no longer exists". BBC News. BBC. 10 de outubro de 2010. Consultado o 11 de outubro de 2010. 
  3. "Antillen opgeheven op 10-10-2010" (en neerlandés). NOS. 1 de outubro de 2009. Arquivado dende o orixinal o 04 de outubro de 2009. Consultado o 1 de outubro de 2009. 

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search