Atenea

Infotaula de personaAtenea

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(grc) Ἀθηνᾶ Editar o valor em Wikidata
Biografía
NacementoOlympus (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaOlympus (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndeidade da guerra (pt) Traducir , deity of wisdom (en) Traducir , art deity (en) Traducir , deity of crafts (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
CelebraciónRelixión da Grecia antiga Editar o valor em Wikidata
Símbolo iconográficoCapacete (pt) Traducir, Éxida, Oliveira, gorgoneion (pt) Traducir e Curuxa Editar o valor em Wikidata
Patrón deSabedoría, guerra, tecemento, Olaría e agricultura Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosCoribante (pt) Traducir, Hixía (mitoloxía) Editar o valor em Wikidata
PaisZeus Editar o valor em Wikidata  e Métis (pt) Traducir e Coryphe (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Atena Giustiniani, copia romana do orixinal grego atribuído a Fidias. Museos Vaticanos.

Atenea é a filla de Zeus e de Metis, chamada posteriormente polos romanos Minerva. É unha das seis deusas principais do panteón grego clásico. Deusa da sabedoría, gardiá da xustiza e das leis. Aínda que é unha deusa virxe actúa como nai adoptiva de heroes como Perseo e Teseo, e é adorada desde moi antigo como patroa de Atenas, onde se construíu o Partenón, o Erecteión e os Propileos para adorala. Nos mitos clásicos nunca tivo consorte ou amante, e por iso a miúdo era coñecida como Atenea Partenos ("virxe").

Represéntase coa armadura hoplítica, é dicir, coa lanza, o casco e a éxida (especie de coraza de pel de cabra). Na éxida hai representada a cabeza da gorgona Medusa, que lle dera Perseo. O seu nacemento foi accidentado, pois Zeus, tras deixar preñada a Metis, e para evitar os celos da súa esposa Hera, cómea. Co paso do tempo Zeus sofre unhas incribles dores de cabeza. Acode a Hefesto, quen lle abre a cabeza coas súas ferramentas de ferreiro, de onde nacerá Atenea, xa adulta e armada.


© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search