Aves

Aves
Rango fósil:
121 Ma-0 Ma
Cretáceo inferior (Aptiense) – Presente,[1]

A diversidade das aves modernas.
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Infrafilo: Gnathostomata
Superclase: Tetrapoda
Clase: Aves[nota 1][2]
Linnaeus, 1758[3]
Subclases
Ver o texto.

As aves son animais vertebrados, de sangue quente, que camiñan, saltan ou se manteñen só sobre as extremidades posteriores,[4] mentres que as extremidades anteriores evolucionaron até converterse en ás que, do mesmo xeito que moitas outras características anatómicas únicas, permítenlles, na maioría dos casos, voar, aínda que non todas voan. Teñen o corpo cuberto de plumas e, as aves stricto sensu, un bico córneo sen dentes. Para reproducírense poñen ovos que incuban até a súa eclosión.

O seu grupo taxonómico denomínase clase Aves (a palabra é latina e está en plural, en singular sería avis)[5] para a sistemática clásica, pero na sistemática filoxenética actual este clado non ten rango, e está incluído á súa vez sucesivamente dentro dos clados: Theropoda, Dinosauria, Archosauria, Sauropsida, Tetrapoda, etc., aínda que hai máis nidacións intermedias con denominación.

As aves orixináronse a partir de dinosauros carnívoros bípedes do Xurásico, hai 150-200 millóns de anos, e son, de feito, os únicos dinosauros que sobreviviron á extinción masiva producida ao final do Mesozoico. A súa evolución deu lugar, tras unha forte radiación, ás máis de 18 000 especies actuais[6] (máis 153 extintas en tempos históricos).[7] As aves son os tetrápodos máis diversos; con todo, teñen unha grande homoxeneidade morfolóxica en comparación cos mamíferos. As relacións de parentesco das familias de aves non sempre poden definirse por morfoloxía, pero coa análise de ADN comezaron a esclarecerse.

As aves habitan en tódolos biomas terrestres e tamén en tódolos océanos. O tamaño pode ser desde 6,4 cm no Mellisuga helenae até 2,74 metros na avestruz. Os comportamentos son diversos e notables, como na nidificación, a alimentación das crías, as migracións, o apareamento e a tendencia á asociación en grupos. A comunicación entre as aves é variable e pode implicar sinais visuais, chamadas e cantos. Algunhas emiten gran diversidade de sons, e destacan pola súa intelixencia e pola capacidade de transmisión cultural de coñecementos a novas xeracións.

O ser humano tivo unha intensa relación coas aves. Na economía humana as aves de curral e as cinexéticas son fontes de alimento. As canoras e os papagaios son populares como mascotas. Úsase a penuxe de patos e gansos domésticos para encher almofadas, e antes cazábanse moitas aves para adornar chapeus coas súas plumas. O guano das aves úsase na fertilización de chans. Algunhas aves son reverenciadas ou repudiadas por motivos relixiosos, supersticións ou por prexuízos erróneos. Moitas son símbolos culturais e referencia frecuente para a arte. Nos últimos 500 anos extinguíronse máis de 150 especies como consecuencia de actividades humanas,[8] e, actualmente, son máis de 1200 as especies de aves ameazadas que necesitan que se tomen medidas para a súa conservación.[9]

  1. Lee, Michael SY; Cau, Andrea; Naish, Darren; Dyke, Gareth J. (maio 2014). "Morphological Clocks in Paleontology, and a Mid-Cretaceous Origin of Crown Aves" (PDF). Systematic Biology (Oxford Journals) 63 (1): 442–449. PMID 24449041. doi:10.1093/sysbio/syt110. 
  2. ITIS. "Aves" (en inglés). Consultado o 6 de marzo de 2009. 
  3. Brands, Sheila (14 de agosto de 2008). "Systema Naturae 2000 / Classification, Class Aves". Project: The Taxonomicon. Consultado o 11 de xuño de 2012. 
  4. "Completo artículo sobre la naturaleza de las aves.". Consultado o 11 de xullo de 2016. 
  5. Real Academia Española y Asociación de Academias de la Lengua Española (2014). «ave». Diccionario de la lengua española (23ª edición). Madrid: Espasa. ISBN 978-84-670-4189-7. Consultado o 3 de xuño de 2019.
  6. Barrowclough, G. F.; Cracraft, *J.; Klicka, J. e Zink, R. M. «How many kinds of birds are there and why does it matter?» PLoS ONE, 11(11): e0166307. doi 10.1371/journal.pon.0166307
  7. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome Clements
  8. Birdlife International. "Numerous bird species have been driven extinct" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 10 de decembro de 2012. Consultado o 18 de agosto de 2012. 
  9. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome bli


Erro no código da cita: As etiquetas <ref> existen para un grupo chamado "nota", pero non se atopou a etiqueta <references group="nota"/> correspondente


© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search