Bardenas Reales

Bardenas Reales
Bardenas Reales
Situación en Navarra.
Marco Legal
Figura de Protección: Parque natural
Ano de constitución: 1999
Superficie: 41.840 hectáreas
Lexislación: Lei Foral 10/1999, de 6 de abril
Datos de interese
País: España España
Provincias: Navarra Zaragoza
Concellos: Carcastillo, Mélida, Santacara, Murillo el Cuende, Caparroso, Villafranca, Cadreita, Valtierra, Arguedas, Tudela, Cabanillas, Fustiñana, Buñuel, Tauste, Ejea de los Caballeros, Sádaba
Ríos: Ebro
Picos
Direccións de interese: Centro de Visitantes. Entrada dende la NA-134, km. 15,1.Estrada do Polígono de Tiro, km. 6
Teléfonos: 948 830308

As Bardenas Reales de Navarra son unha paraxe natural semidesértica dunhas 42.000 ten que se estende polo sueste de Navarra (España). Os seus chans son de arxilas, xesos e arenitas e foron erosionados pola auga e o vento creando formas sorprendentes nas que destacan os barrancos, as mesetas de estrutura tabular e os outeiros solitarios, chamados cabezos.

As Bardenas carecen de núcleos urbanos, a súa vexetación é moi escasa e as múltiples correntes de auga que sucan o territorio teñen un caudal marcadamente irregular, permanecendo secos a maior parte do ano. A altitude oscila entre os 280 e os 659 msnm. As Bardenas sitúanse nun punto equidistante entre a cordilleira pirenaica e a ibérica. As Bardenas Reales, antiga posesión real, non forman parte de ningún termo municipal e son propiedade da Comunidade Foral de Navarra. Vinte e dous municipios e entidades (os «congozantes») forman a Comunidade de Bardenas Reales, unha entidade de Dereito Público encargada do aproveitamento da paraxe.

Na actualidade, a maior parte das Bardenas Reales encóntranse protexidas dende o ano 1999 mediante a figura dun parque natural de 39.274 ha. Anteriormente, en 1986, dúas paraxes das Bardenas, o Rincón del Bú e as Caídas de la Negra, foran declaradas reservas naturais. Dende o 7 de novembro de 2000 o conxunto foi declarado Reserva da Biosfera.


© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search