Base de datos

Unha base de datos é un ficheiro organizado de datos sobre un tema. Nos servizos públicos é empregado como un arquivo para ter un acceso rápido ós os seus datos administrados.

En informática, unha base de datos é un ficheiro informático que se emprega para preservar datos de xeito organizado e que permite atopar está información rapidamente cando sexa preciso.

As características que as definen son:

  • Introdución de datos.
  • Xestión e cálculo.
  • Acceso e recuperación organizada.
  • Manexabilidade.
  • Economía.

O sistema máis doado conceptualmente é o de táboas (coma nos programas Lotus 1·2·3, Excel ou Access), pero hai outros métodos máis adaptados ó tipo de datos cos que debe traballar (e polo tanto menos versátiles).


© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search