Boeing 777

Boeing 777
Boeing 777-300ER de Emirates
TipoAvión de pasaxeiros de fuselaxe ancha
FabricanteBoeing
Primeiro voo12 de xuño de 1994
Introducido7 de xuño de 1995, con United Airlines
EstadoEn servizo
Principais usuariosEmirates
United Airlines
Cathay Pacific
Air France
Produción1993 -
Unidades construídas1 577 a novembro de 2018[1]
Custo unitario777-200ER: 261,5 millóns $[2]
777-200LR: 296 millóns $[2]
777-300ER: 320,2 millóns $[2]
777F: 300,5 millóns $[2]

O Boeing 777 é unha familia de avión de pasaxeiros bimotor, de longo alcance e fuselaxe ancha desenvolvida e fabricada por Boeing. Trátase do bimotor máis grande do mundo, e pode transportar de 314 a 396 pasaxeiros a unha distancia de entre 9 704 e 15 844 km. Coñecido tamén como o "Triplo Sete" (inglés: Triple Seven),[3][4] entre as súas características distintivas están os motores turboventilador de maior diámetro en calquera aeronave, seis rodas en cada tren de aterraxe principal, unha sección completamente circular da fuselaxe[5] e a súa terminación de cola en forma de coitela.[6] Desenvolvido consultando a oito das principais aeroliñas do mundo, o 777 deseñouse para substituír os modelos de fuselaxe ancha máis vellos e como ponte entre as capacidades dos modelos 767 e 747. Como primeiro avión de Boeing fly-by-wire, ten controis informatizados e trátase tamén do primeiro avión comercial deseñado enteiramente por ordenador.

A data de 2017 o 777 presentábase en dúas lonxitudes de fuselaxe. A variante orixinal 777-200 entrou en servizo comercial no ano 1995, seguida pola de máis alcance 777-200ER en 1997. A versión alongada 777-300, con 10,1 metros máis de lonxitude, comezou a operar en 1998. As versións iniciais 777-200, -200ER e -300 están equipadas con motores General Electric GE90, Pratt & Whitney PW4000 ou Rolls-Royce Trent 800. As variantes de longo alcance 777-300ER e ultralongo alcance 777-200LR entraron en servizo en 2004 e 2006 respectivamente, mentres que a versión 777F de carga estreouse en febreiro de 2009. Estas variantes están equipadas con motores General Electric GE90 e puntas de ás inclinadas de maior tamaño. O 777-200LR é o avión de pasaxeiros con maior alcance do mundo, coa capacidade de voar a máis de medio mundo, posuíndo o récord do voo máis longo sen paradas dun avión comercial.[7][8]

United Airlines foi a primeira aeroliña en operar co 777, o 7 de xuño de 1995. A data de xullo de 2017, uns 60 clientes fixeran pedidos por un total de 1 939 unidades de tódalas variantes, con 1 507 entregadas.[1] A variante máis común é a 777-300ER,[9] con 748 unidades entregadas de 823 pedidos.[1] Emirates opera a meirande frota de avións 777, con 161 aeronaves de pasaxeiros e carga a data de xullo de 2017.[10] O 777 viuse involucrado en seis accidentes aéreos con perda de fuselaxe a data de outubro de 2016. O accidente do voo 214 de Asiana Airlines en xullo de 2013 foi o seu primeiro accidente con vítimas mortais en 18 anos de servizo.

O 777 está entre os modelos máis vendidos de Boeing. As aeroliñas adquiriron este avión pola súa eficiencia enerxética en comparación con outros deseños de fuselaxe ancha e incrementaron o seu uso en rutas transoceánicas. Entre os seus competidores directos están o Airbus A330-300 e o Airbus A350 XWB, ademais do A340 e do McDonnell Douglas MD-11. O 787 Dreamliner, que entrou en servizo no ano 2011, comparte varias características de deseño e unha cualificación de tipo común para pilotos co 777. En novembro de 2013 Boeing anunciou o desenvolvemento das versións melloradas 777-8 e 777-9, coñecidas colectivamente coma 777X, que incluirían ás compostas, motores GE9X e tecnoloxías máis avanzadas que xa foran desenvolvidas para o 787. A compañía prevé que a nova serie 777X entre en servizo no ano 2020.

  1. 1,0 1,1 1,2 Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome 777_O_D_summ
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 "Commercial Airplanes Jet Prices". Boeing (Nota de prensa). Arquivado dende o orixinal o 1 de decembro de 2013. Consultado o 18 de novembro de 2013. 
  3. Robertson, David (13 de marzo de 2009). "Workhorse Jet Has Been Huge Success with Airlines that Want to Cut Costs". The Times (Londres). Arquivado dende o orixinal o 12 de xuño de 2011. Consultado o 20 de marzo de 2009. (require subscrición (?)). 
  4. Grantham, Russell (29 de febreiro de 2008). "Delta's new Boeing 777 Can Fly Farther, Carry More". The Atlanta Journal-Constitution. Delta will put the new "triple seven" — as airline folks call the jet — into service March 8. 
  5. Birtles 1998, pp. 52
  6. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome boeingjets
  7. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome guinness
  8. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome NYT_772LR_record
  9. "777-300ER Fleet report: orders have peaked but Swiss, United and Kuwait new operators in 2016". CAPA - Centre for Aviation. 25 de febreiro de 2016. Consultado o 6 de setembro de 2016. 
  10. Thisdell, Dan; Morris, Rob (31 de xullo de 2017). "World Airliner Census 2017". Flight Global. 

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search