COVID-19

COVID-19
Radiografía (TAC) pulmonar dun caso de pneumonía por COVID-19
Radiografía (TAC) pulmonar dun caso de pneumonía por COVID-19
EspecialidadeDoenzas infecciosas
SíntomasInfeccción respiratoria aguda
Febre, tose, falta de alento[1]
ComplicaciónsPneumonía, sepse viral, síndrome de dificultade respiratoria aguda, insuficiencia renal
Inicio habitualPeríodo de incubación típico de 5-6 días (pode variar entre 2-14 días)
CausasSARS-CoV-2
DiagnósticoProbas rRT-PCR, TAC
PrevenciónLavado de mans, corentena, distanciamento social
TratamentoSintomático e de apoio
Aviso médico.
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.
Transmisión e ciclo vital do SARS-CoV-2
Síntomas principais da COVID-19

A COVID-19[2][3] (do inglés coronavirus disease 2019 ou enfermidade por coronavirus 2019) é unha enfermidade infecciosa respiratoria causada polo virus SARS-CoV-2.[4] Tamén se pode escribir Covid-19 ou, completamente lexicalizada, covid-19.[2][5] Esta doenza foi identificada primeiramente en 2019 en Wuhan, capital da provincia chinesa de Hubei, e desde entón espallouse por todo o mundo, orixinando a pandemia por coronavirus de 2019–2021.[6][7] Os seus síntomas comúns son febre, tose e dificultade para respirar. Outros síntomas poden ser dor muscular, produción de esputos, diarrea, dor de garganta, dor abdominal e perda do olfacto ou do gusto.[1][8][9] Aínda que na maioría dos casos orixina síntomas leves, certa porcentaxe de casos progresa a pneumonía e ás veces disfunción multiorgánica.[6][10] O 25 de marzo de 2020, a taxa de letalidade global (proporción de mortes por número de casos diagnosticados) era do 4,5%; variando desde o 0,2% ao 15% segundo o grupo de idade e outros problemas de saúde.[11]

O virus transmítese principalmente entre persoas en contacto próximo (entre 1 e 1,8 m)[12][13] xeralmente por medio das pingas respiratorias (coñecidas como micropingas de Flügge) producidas principalmente cando unha persoa tose ou espirra[12][14] e mesmo cando fala.[12][14][15] Estas pingas son relativamente pesadas e non permanecen no aire moito tempo,[12][16] pero en lugares cerrados ou non ventilados poden permanecer suspendidas por máis tempo, polo que non se poden descartar como posible fonte de infección. Igualmente, é posible a transmisión por pingas de tamaño máis pequeno, chamadas aerosois.[17][18] As persoas poden tamén contaxiarse de COVID-19 ao tocaren unha superficie contaminada e despois tocaren partes da súa face como nariz, boca ou ollos.[12][14] É máis contaxioso cando as persoas son sintomáticas, aínda que a transmisión tamén é posible antes de que aparezan os síntomas.[14] O virus pode seguir sendo contaxioso nas superficies ata 72 horas, dependendo do material sobre o que está.[19] O tempo que pasa desde a exposición ao comezo dos síntomas é xeralmente de entre dous e catorce días, cunha media de cinco días.[20][21] O método normal de diagnose é con probas de reacción en cadea da polimerase con transcriptase inversa (rRT-PCR) de mostras dun frotis nasofarínxeo.[22] A infección pode tamén diagnosticarse observando a presenza dunha combinación de síntomas e factores de risco e cunha tomografía computadorizada torácica que mostre características propias da pneumonía.[23][24]

As medidas recomendadas para previr a infección son lavar as mans frecuentemente, o distanciamento social (manter unha distancia física doutros, especialmente dos doentes), tusir ou espirrar nun tecido ou na parte interna do cóbado (o sangradoiro) e non tocar a cara coas mans sen lavar.[25][26] O uso de máscaras de protección recoméndase en lugares públicos para minimizar o risco de transmisión. Desenvolvéronse tamén diversas vacinas e varios países iniciaron campañas masivas de vacinación.[27][28] Non existe un tratamento antiviral para a COVID-19. A súa xestión implica o tratamento dos síntomas e de apoio, illamento e medidas experimentais.[29]

A Organización Mundial da Saúde (OMS) declarou o gromo de coronavirus de 2019–20 emerxencia sanitaria pública de preocupación internacional o 30 de xaneiro de 2020[30][31] e pandemia o 11 de marzo de 2020.[7] A transmisión local (no propio país) da doenza rexistrouse pouco despois en moitos países das seis rexións da OMS e seguidamente espallouse por todo o mundo.[32]

  1. 1,0 1,1 Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome CDC2020Sym
  2. 2,0 2,1 Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome portal
  3. CIE-10-es COVID-19
  4. "Naming the coronavirus disease (COVID-19) and the virus that causes it". World Health Organization (WHO). Arquivado dende o orixinal o 28 de febreiro de 2020. Consultado o 28 de febreiro de 2020. 
  5. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome DRAG
  6. 6,0 6,1 Hui, D. S.; I. Azhar E.; Madani, T. A.; Ntoumi, F.; Kock, R.; Dar, O.; Ippolito, G.; Mchugh, T. D.; Memish, Z. A.; Drosten, Christian; Zumla, A.; Petersen, E. (febreiro de 2020). "The continuing 2019-nCoV epidemic threat of novel coronaviruses to global health—The latest 2019 novel coronavirus outbreak in Wuhan, China". Int J Infect Dis 91: 264–66. PMID 31953166. doi:10.1016/j.ijid.2020.01.009. 
  7. 7,0 7,1 "WHO Director-General's opening remarks at the media briefing on COVID-19". World Health Organization (WHO) (Nota de prensa). 11 de marzo de 2020. Consultado o 12 de marzo de 2020. 
  8. "Q&A on coronaviruses (COVID-19)". World Health Organization (WHO). Consultado o 11 de marzo de 2020. 
  9. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome entnet-anosmia
  10. "Q&A on coronaviruses". World Health Organization (WHO). Arquivado dende o orixinal o 20 de xaneiro de 2020. Consultado o 27 de xaneiro de 2020. 
  11. "Coronavirus (COVID-19) Mortality Rate". www.worldometers.info. 5 de marzo de 2020. Consultado o 23 de marzo de 2020. 
  12. 12,0 12,1 12,2 12,3 12,4 "Q&A on coronaviruses (COVID-19)". World Health Organization. 17 de abril de 2020. Arquivado dende o orixinal o 14 de maio de 2020. Consultado o 14 de maio de 2020. 
  13. "How COVID-19 Spreads". U.S. Centers for Disease Control and Prevention (CDC). 2 de abril de 2020. Arquivado dende o orixinal o 3 de abril de 2020. Consultado o 3 de abril de 2020. 
  14. 14,0 14,1 14,2 14,3 "Coronavirus Disease 2019 (COVID-19) - Transmission". Centers for Disease Control and Prevention (en inglés). 17 de marzo de 2020. Consultado o 23 de marzo de 2020. 
  15. "Q & A on COVID-19". European Centre for Disease Prevention and Control. Consultado o 30 de abril de 2020. 
  16. Stadnytskyi V, Bax CE, Bax A, Anfinrud P (xuño de 2020). "The airborne lifetime of small speech droplets and their potential importance in SARS-CoV-2 transmission". Proceedings of the National Academy of Sciences of the United States of America 117 (22): 11875–11877. PMC 7275719. PMID 32404416. doi:10.1073/pnas.2006874117. 
  17. "Q&A: How is COVID-19 transmitted?". www.who.int (en inglés). Consultado o 12 de xullo de 2020. 
  18. "Q & A on COVID-19". European Centre for Disease Prevention and Control (en inglés). Consultado o 23 de marzo de 2020. 
  19. "New coronavirus stable for hours on surfaces". National Institutes of Health. 17 de marzo de 2020. Consultado o 23 de marzo de 2020. 
  20. "Symptoms of Novel Coronavirus (2019-nCoV)". www.cdc.gov. 10 de febreiro de 2020. Arquivado dende o orixinal o 30 de xaneiro de 2020. Consultado o 11 de febreiro de 2020. 
  21. Velavan, T. P.; Meyer, C. G. (marzo de 2020). "The COVID-19 epidemic". Tropical Medicine & International Health n/a (n/a): 278–80. PMID 32052514. doi:10.1111/tmi.13383. 
  22. "Coronavirus Disease 2019 (COVID-19)". Centers for Disease Control and Prevention (en inglés). 11 de febreiro de 2020. Consultado o 26 de marzo de 2020. 
  23. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome :3
  24. "CT provides best diagnosis for COVID-19". ScienceDaily. 26 de febreiro de 2020. Consultado o 2 de marzo de 2020. 
  25. "Advice for public". World Health Organization (WHO). Arquivado dende o orixinal o 26 de xaneiro de 2020. Consultado o 25 de febreiro de 2020. 
  26. "Guidance on social distancing for everyone in the UK". GOV.UK (en inglés). Consultado o 25 de marzo de 2020. 
  27. CDC (11 de febreiro de 2020). "2019 Novel Coronavirus (2019-nCoV)". Centers for Disease Control and Prevention. Arquivado dende o orixinal o 14 de febreiro de 2020. Consultado o 15 de febreiro de 2020. 
  28. "Advice for public". World Health Organization (WHO). Arquivado dende o orixinal o 26 de xaneiro de 2020. Consultado o 15 de febreiro de 2020. 
  29. "Coronavirus Disease 2019 (COVID-19)". Centers for Disease Control and Prevention (CDC). 15 de febreiro de 2020. Arquivado dende o orixinal o 26 de febreiro de 2020. Consultado o 20 de febreiro de 2020. 
  30. "Statement on the second meeting of the International Health Regulations (2005) Emergency Committee regarding the outbreak of novel coronavirus (2019-nCoV)". World Health Organization (WHO). Arquivado dende o orixinal o 31 de xaneiro de 2020. Consultado o 11 de febreiro de 2020. 
  31. Mahtani, S.; Berger, M.; O'Grady, S.; Iati, M. (6 de febreiro de 2020). "Hundreds of evacuees to be held on bases in California; Hong Kong and Taiwan restrict travel from mainland China". The Washington Post. Arquivado dende o orixinal o 7 de febreiro de 2020. Consultado o 11 de febreiro de 2020. 
  32. "WHO Situation Report #65" (PDF). WHO. 25 de marzo de 2020. 

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search