Lycium | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Lycium barbarum (que dá as bagas de goxi) | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
![]() distribución natural
| |||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||
Véxase no texto |
Co termo cambroeira ou cambrón[1] desígnanse as diversas especies de arbustos pertencentes ao xénero Lycium (da familia solanaceae), de 1 a 3 m de altura, moi ramificados, espiñentos, con follas lanceoladas ou oblongas, flores axilares, tubulares, solitarias ou en grupos reducidos, con corola a xeito de campá de cor vermella ou violácea, estames soldados a esta, e froitos en baga indehiscente, que medran nas sebes e nos bordos dos camiños.[2] A polinización adoita ser entomófila ou mediante aves, grazas á presenza dun disco nectarífero intraestaminal.
Comprende 83 especies distribuídas en zonas subtropicais, xeralmente áridas e secas, por todo o globo. O froito dalgunhas especies emprégase na medicina tradicional chinesa coma menciña para os problemas de circulación sanguínea, recibindo o nome de gouqizi (枸杞子). En Galiza son raros.
© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search