Capitalismo

Fotografía de Lewis Hine dun obreiro traballando cunha máquina de vapor.

O capitalismo[1] é unha orde ou sistema social e económico que se atopa en constante movemento, derivado do usufruto da propiedade privada sobre o capital como ferramenta de produción, que se atopa maiormente constituído por relacións empresariais vinculadas ás actividades de investimento e obtención de beneficios, así como de relacións laborais tanto autónomas como asalariadas subordinadas a fins mercantis.[2] Máis especificamente o capitalismo é un sistema económico dominado polo capital e non polo traballo.

No capitalismo, os individuos e as empresas usualmente representadas polos mesmos, levan a cabo a produción de bens e servizos de forma privada e interdependiente, dependendo así dun mercado de consumo para a obtención de recursos.[3] O intercambio dos mesmos realízase basicamente mediante comercio libre e, polo tanto, a división do traballo desenvólvese de forma mercantil e os axentes económicos dependen da procura de beneficio.[4] A distribución organízase, e as unidades de produción fusiónanse ou separan, de acordo a unha dinámica baseada nun sistema de prezos para os bens e servizos.[5] Á súa vez, os prezos fórmanse maioritariamente nun mercado que depende da interacción entre unha oferta e unha demanda dadas polas eleccións de produtores e consumidores,[6] e estes, son necesarios para a coordinación ex-post dunha economía baseada no intercambio de mercadorías.[7]

A orixe etimolóxica da palabra capitalismo provén da idea de capital e o seu uso para a propiedade privada dos medios de produción, [8][9] con todo, relaciónase maiormente ao capitalismo como concepto co intercambio dentro dunha economía de mercado que é a súa condición necesaria,[10][11] e á propiedade privada absoluta[12] ou burguesa[13][14] que é o seu corolario previo.[15][16] A orixe da palabra pode remontarse a antes de 1848 pero non é ata 1860 que chega a ser unha corrente como tal e recoñecida como termo, segundo as fontes escritas da época.[17]

O termo foi introducido pola economía marxista para referirse ós sistemas económicos modernos nos que os medios de produción pertencían ó capital,[8][9] mentres os traballadores foran "expropiados" deles e non tiñan a súa propiedade. O sistema capitalista, segundo o marxismo, baséase na apropiación da plusvalía xerada polos traballadores por parte dos capitalistas, grazas precisamente ó seu control dos medios de produción. A plusvalía, na terminoloxía marxista, non debe ser confundida co beneficio. A plusvalía é o valor producido polos traballadores e que non se aplica á reprodución do sistema económica, isto é, a manter activos ós traballadores, a manter os procesos produtivos en marcha e a garantir a súa mellora no tempo. A plusvalía pertence ó traballador porque a "creou" co seu traballo. Porén, no capitalismo pasa ás mans dos empresarios.

Denomínase sociedade capitalista a toda aquela sociedade política e xurídica orixinalmente baseada nunha organización racional do traballo, o diñeiro e a utilidade dos recursos de produción, caracteres propios daquel sistema económico.[18] Na orde capitalista, a sociedade está formada por clases socioeconómicas no canto de estamentos como son propios do feudalismo e outras ordes pre-modernas.[19] Distínguese daquel e doutras formas sociais pola posibilidade da mobilidade social dos individuos, por unha estratificación social de tipo económica,[20] e por unha distribución da renda que depende case enteiramente da funcionalidade das diferentes posicións sociais adquiridas na estrutura de produción.[21]

O nome de sociedade capitalista adóptase usualmente debido a que o capital como relación de produción convértese dentro desta nun elemento economicamente predominante.[22] A discrepancia sobre as razóns deste predominio divide ás ideoloxías políticas modernas: o enfoque liberal smithiano céntrase na utilidade que o capital como relación social prové para a produción nunha sociedade comercial cunha ampla división do traballo, entendida como causa e consecuencia da mellora da oferta de consumo e os maiores ingresos por vía do salario respecto do traballo autónomo,[23] mentres que o enfoque socialista marxista considera que o capital como relación social é precedido (e logo retroalimentado) por unha institucionalizada imposibilidade social de sobrevivir sen relacionarse cos propietarios dun maior capital físico mediante o intercambio de traballo asalariado.[24]

A clase social conformada polos creadores e/ou propietarios que provén de capital á organización económica a cambio dun xuro[25] descríbella como "capitalista", a diferenza das funcións empresariais cuxo éxito se traduce en forma de ganancia[26] e das gerenciais executadas a cambio dun salario.[27] Vulgarmente descríbese desde o século XVIII como "burguesía" tanto a este conxunto social como ao dos empregadores de traballo dunha moderna sociedade industrial, pero a burguesía orixínase nas cidades da sociedade rural medieval e está constituída por propietarios autoempregados cuxa natureza dá orixe ao capitalismo moderno.[28]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para capitalismo.
  2. Definición minimalista elaborada de forma que concorde coas principais definicións esencialistas, tanto posteriores (Sombart, 1902; Weber, 1904) como previas a invención do termo (Ricardo, 1817; Proudhon, 1840; Marx, 1848) e a elaboración do concepto (Smith, 1776) e concordante coa definición do dicionario da Enciclopedia Británica: «Capitalism», Merriam-Webster's Collegiate Dictionary
  3. Shigeto Tsuru, Institutional Economics Revisited, University of Cambridge, 1993, p. 26
  4. Lajugie, Joseph. Los sistemas económicos, Eudeba, 1987, pp. 13-14.
  5. Williamson, Oliver E. Las instituciones económicas del capitalismo, Fondo de Cultura Económica, 1989, pp. 93-137.
  6. Keynes, John Maynard. La teoría general del empleo, el interés y el dinero, Aosta, 1998, pp. 22-23.
  7. Mohammed Bensald, «The centralist organization of Marx» en art. «The organizational indetermination of spontaneous order in Hayek»
  8. 8,0 8,1 «Capitalismo», TheFreeDictionary.com. Fonte: Diccionario Enciclopédico Vox, tomo 1, Larousse Editorial, 2009. Consultado o 16 de xuño de 2011
  9. 9,0 9,1 Braudel, Fernand. La dinámica del capitalismo, Fondo de Cultura Económica, 2006, pp. 52-55.
  10. Oskar Lange, «El principio económico como producto histórico de la empresa capitalista», La economía en las sociedades modernas, Grijalbo, 1966, pp. 70-73.
  11. Mises, Ludwig von .«El capitalismo Arquivado 29 de novembro de 2014 en Wayback Machine.», La acción humana, Unión Editorial, 1995, pp. 322-328
  12. Richard Pipes, Propiedad y libertad, Fondo de Cultura Económica, 1999, pp. 80-82 y 135-152.
  13. Cordero Quinzacara, Eduardo y Eduardo Aldunate Lizana, «Evolución histórica del concepto de propiedad», Revista de estudios histórico-jurídicos, Valparaíso, ISSN 0716-5455, Nº 30, 2008.
  14. José Luis Romero, Crisis y orden en el mundo feudoburgués, Siglo XXI, 2003, xiv-xx (estudio preliminar de Carlos Astarita) y 74-83.
  15. Richard Pipes, Propiedad y libertad, Fondo de Cultura Económica, 1999, pp. 72-73 y 157-160.
  16. Paul Lafargue, «Feudal Property» and «Bourgeois Property», The Evolution of Property, caps. VI & V
  17. La era del Capital, 1848-1875. Biblioteca E.J. Hobsbawm de Historia Contemporanea. Grupo Editorial Planeta. 5.ª ed. Buenos Aires: Crítica 2006.
  18. Weber, Max. «Introducción general a los “Ensayos de sociología de la religión” (1920)», La ética protestante y el espíritu del capitalismo, Fondo de Cultura Económica, 2008, pp. 53-70. Sobre a mesma cuestión véxase tamén o resumo temático da obra principal en: «Notes on Max Weber», Introduction to Social Theory (Sociology 250), October 11, 2002, Department of Sociology and Social Studies, University of Regina.
  19. A socioloxía clásica coincide nesta categorización con diferenzas de matices: en Marx proponse unha secuencia histórica de sociedades clasistas, as primeiras das cales se forman por causas económicas pero sostéñense maiormente sobre funcións e relacións extraeconómicas, mentres que o seu punto de chegada é a sociedade burguesa na cal todas as clases son de natureza económica; esta diferenza vólvese máis relevante na perspectiva de Weber, pola cal só no capitalismo debería falarse propiamente de clases sociais como principio estratificador, mentres que en todas as demais o determinante sería estamental mesmo pola súa orixe. Véxase: Val Burris, «La síntesis neomarxista de Marx y Weber sobre las clases», Zona abierta, ISSN 0210-2692, N.º 59-60, 1992 (Exemplar dedicado a: Teorías contemporáneas das clases sociais), páxs. 127-156; o ibidem, Cuadernos de Sociología No. 4, 1993, Facultade de Ciencias Sociais, Universidade de Buenos Aires; citado e analizado en: Perla Aronson, «La visión weberiana del conflicto social», Conflicto social, Ano 1, No. 0, novembro 2008, p. 118.
  20. Ricardo López Ruiz y Carmen Pellicer Lostao, «Modelos matemáticos de la riqueza Arquivado 24 de febreiro de 2021 en Wayback Machine.», Revista Investigación y Ciencia, marzo de 2011.
  21. Karl Polanyi, La gran transformación, Fondo de Cultura Económica, 2011, pp. 89-90 y 188.
  22. Deutschmann, Christoph. «A pragmatist theory of capitalism», Socio-Economic Review, Oxford Journals, 2011, Volume 9, Issue 1, cap. 3, p. 90.
  23. Adam Smith, Investigación sobre la naturaleza y causas de la riqueza de las naciones, Fondo de Cultura Económica, 2010, libro segundo, intr., pp. 250-251.
  24. Karl Marx, El capital. Crítica de la economía política, Fondo de Cultura Económica, 2010, libro primero, tomo I, cap. XXV, pp. 650-651
  25. Joseph Schumpeter, Teoría del desenvolvimiento económico, Fondo de Cultura Económica, 1976, cap. V, pp. 162-212
  26. Joseph Schumpeter, Teoría del desenvolvimiento económico, Fondo de Cultura Económica, 1976, cap. IV, pp. 135-161.
  27. Landoni, Juan Sebastián. «Empresario y capitalista: nota para una teoría austriaca de la firma», Journal of Management for Value
  28. Sombart, Werner. El apogeo del capitalismo, Fondo de Cultura Económica, 1984. Ver resumo da referencia en: Christoph Deutschmann, A pragmatist theory of capitalism op. ci., cap. 4, p. 94.

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search