Cargados Carallos

Nome
Cargados Carallos

Foto satélite do atol.
Datos
País Mauricio Mauricio
Arquipélago Mascareñas
Mar Océano Índico
Illa principal Île Raphael (pob. 40)
Capital Verrogne
Linguas Francés, inglés[Note 1]
Poboación (2000) 63 hab. (transeuntes)
Densidade 48 hab/km²
Superficie 3´2 km²
Nº de illas 22
Coordenadas 16°35′S 59°37′L / -16.583, -59.617
Maior Altura 6 metros
Capital Port Louis
Localización

Mapa deseñado pola CIA.
Localización da illa

O banco de Cargados Carallos[1] (tamén coñecidas coma Cargados Carajos e as Rochas San Brandón, Saint Brandon Shoals) son un grupo de entre 16 e 20 pequenas illas e illotes nun arrecife situadas no océano Índico, o nordeste das Illas Mauricio. O seu nome é debido ao navegante galego Joan de Novoa, que tería nomeado o arquipélago e as illas de Agalega[2]. Os Cargados Carallos teñen unha área total de terra de 1,3 km². O arrecife mide máis de 50 quilómetros de norte a sur e 5 quilómetros de ancho, cortado por tres pasos; en total a área do arrecife abarca 190 km². As illas teñen unha pequena poboación, conformada maioritariamente por nativos e posúe unha rica fauna e flora. O arrecife de Cargados Carallos dependen administrativamente das Illas Mauricio aínda que están situadas a máis de 300 km o extremo sur, polo tanto están administradas dende a súa capital Port Louis. As illas son parte das illas Mascareñas.


Erro no código da cita: As etiquetas <ref> existen para un grupo chamado "Note", pero non se atopou a etiqueta <references group="Note"/> correspondente

  1. O ourensán que descubriu as illas dos cargados carallos
  2. "De Maceda ás illas Agalega: 515 anos da viaxe de João da Nova". Praza Pública. Consultado o 19-1-2022. 

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search