Clima

Clima
Exemplo de dinámica atmosférica e climática a nivel global (cobertura de nubes) (NASA.)
Tipoambiente Editar o valor en Wikidata
Subclasefenómeno físico e sistema natural Editar o valor en Wikidata
Parte deambiente Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]
Alasca.
Vexetación atlántica. O Pindo (Carnota).
deserto do Sáhara.
Clima continental en inverno (Praga).

O clima[1] é o conxunto de condicións meteorolóxicas medias a longo prazo, calculadas xeralmente nun período de 30 anos.[2][3] Máis rigorosamente, o clima é a variabilidade media das variables meteorolóxica nun tempo que abarca desde meses ata millóns de anos. Algunhas das variables meteorolóxicas que se miden habitualmente son a temperatura do aire, a humidade relativa do aire, a presión atmosférica, o vento e as precipitacións. Nun sentido máis amplo, o clima é o estado dos compoñentes do sistema climático, incluíndo a atmosfera, hidrosfera, criosfera, litosfera e biosfera así como as interaccións entre elas.[2] O clima dun lugar vese afectado pola súa latitude, lonxitude, relevo terrestre, altitude, uso do solo e as masas de auga próximas e as súas correntes. En termos máis xerais, o "clima" dunha rexión é o estado xeral do seu sistema climático no momento actual.

Os climas pódense clasificar segundo os valores medios e os rangos típicos das distintas variables, que son xeralmente a temperatura e as precipitacións. O esquema de clasificación máis utilizado é a clasificación climática de Köppen. O sistema Thornthwaite,[4] en uso desde 1948, incorpora a evapotranspiración xunto coa información de temperaturas e precipitacións, e utilízase para estudar a diversidade biolóxica e como a afecta o cambio climático. As principais clasificacións na clasificación climática de Thornthwaite son microtérmicas, mesotérmicas e megatérmicas.[5] Por último, os sistemas de Bergeron e de Clasificación Sinóptica Espacial céntranse na orixe das masas de aire que definen o clima dunha rexión.

A climatoloxía é a ciencia que estuda os climas e os fenómenos atmosféricos dun país, a unha determinada latitude e altitude . A climatoloxía estuda os factores que producen o clima, os elementos que o forman, a súa distribución na superficie terrestre e a influencia que exerce sobre os seres vivos. A climatoloxía opera con datos de observacións meteorolóxicas durante longos períodos (30-35 anos), dos que extrae os valores medios e extremos, as oscilacións periódicas e a frecuencia ou repetición dos fenómenos atmosféricos. Con estes datos, crea mapas, gráficos e diagramas que reflicten as condicións climáticas dun lugar determinado.[6]

A paleoclimatoloxía é o estudo do clima de períodos anteriores á invención de instrumentos dedicados á observación meteorolóxica. Os paleoclimatólogos buscan explicar as variacións climáticas de todas as partes da Terra durante un período xeolóxico determinado, comezando co momento da formación da Terra.[7] Debido a que hai moi poucas observacións directas do clima antes do século XIX, os paleoclimas reconstrúense a partir de indicadores que inclúen evidencias xeolóxicas, como sedimentos atopados nos leitos dos lagos e núcleos de xeo, e evidencias biolóxicas, como aneis de árbores e corais. Os modelos climáticos son modelos matemáticos de climas pasados, presentes e futuros. O clima pode cambiar durante períodos curtos ou longos como resultado de varios factores.[nota 1] O quecemento recente discútese en termos de quecemento global, que dá lugar a redistribucións da biota. Por exemplo, como escribiu a climatóloga Lesley Ann Hughes: «un cambio de 3 °C na temperatura media anual corresponde a un desprazamento das isotermas de aproximadamente 300–400 km en latitude (na zona tépeda) ou 500 m en altitude. Por tanto, espérase que as especies se despracen cara arriba en altitude ou cara aos polos en latitude en resposta ao cambio das zonas climáticas».[8]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para clima.
  2. 2,0 2,1 Matthews, J.B. Robin; Möller, Vincent; van Diemen, Renée; Fuglestvedt, Jan S.; Masson-Delmotte, Valérie; Méndez, Carlos; Semenov, Sergey; Reisinger, Andy (2021). "Annex VII. Glossary: IPCC – Intergovernmental Panel on Climate Change" (PDF). IPCC Sixth Assessment Report. p. 2222. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 2022-06-05. Consultado o 2 de abril do 2025. 
  3. Shepherd, J. Marshall; Shindell, Drew; O'Carroll, Cynthia M. (1 de febreiro de 2005). "What's the Difference Between Weather and Climate?". NASA. Arquivado dende o orixinal o 22 de setembro de 2020. Consultado o 2 de abril do 2025. 
  4. Thornthwaite, C. W. (1948). "An Approach Toward a Rational Classification of Climate" (PDF). Geographical Review 38 (1). pp. 55–94. Bibcode:1948GeoRv..38...55T. JSTOR 210739. doi:10.2307/210739. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 24 de xaneiro de 2012. Consultado o 3 de abril do 2025. 
  5. "All About Climate". Education | National Geographic Society (en inglés). Consultado o 3 de abril do 2025. 
  6. enciclopèdia.cat, GEC, ed. (2001). "climatologia". Consultado o 3 de abril do 2025. 
  7. "paleoclimatology | science". Britannica (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 2022-09-01. Consultado o 3 de abril do 2025. 
  8. Hughes 2000, p. 56.


Erro na cita: As etiquetas <ref> existen para un grupo chamado "nota", pero non se atopou a etiqueta <references group="nota"/> correspondente


© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search