Commelinales

A das commelinales (Commelinaleses) é unha orde de plantas anxiospermas monocotiledóneas.

A orde está composta por cinco familias (nas clasificacións filaxenéticas modernas) ou catro (na clasificacións "cásicas"). En tyoptal, a orde comprenden 812 especies distribuídas en 68 xéneros.

A pesar de ter poucas familias e de ser monofilético segundo as análises moleculares de ADN, a orde é moi diversa desde o punto de vista da morfoloxía. De feito, a unión de todas as familias nun mesmo clado resultou sorprendente, xa que as sinapomorfías quedan prccticamente restrinxidas a certos caracteres fitoquímicos (como a presenza de fenilfenalenonas e a algúns caracteres da semente (como, por exemplo, a presenza dun abundante endosperma helobial).

O grupo troncal das commelinales data de hai uns 114 millóns de anos (MA), no cretáceo tardío.

A diverxencia dentro do grupo comezou hai uns 110 MA, segundo Janssen e Bremer.[2]

As datas, segundo Wikström et al.[3] son 81-73 e 71-66 MA respectivamente. Porén, hai que ter en conta que que Janssen e Bremer (Op. Cit.) utilizaron unha topoloxía para datar os clados diferente.

  1. Angiosperm Phylogeny Group (2009). "An update of the Angiosperm Phylogeny Group classification for the orders and families of flowering plants: APG III". Botanical Journal of the Linnean Society 161 (2): 105–121. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 25 de maio de 2017. Consultado o 18 de abriol de 2015. 
  2. Janssen, T.; Bremer, K. (2004). "The age of major monocot groups inferred from 800+ rbcL sequences.". Bot. J. Linnean Soc. 146: 385–398. 
  3. Wikström, N.; Savolainen, V., e Chase, M. W. (2001). "Evolution of the angiosperms: Calibrating the family tree.". Proc. Roy. Soc. London B 268: 2211–2220. 

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search