Cornualla

Modelo:Xeografía políticaCornualla
Cornwall (en)
Kernow (kw) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 50°18′N 4°54′O / 50.3, -4.9Coordenadas: 50°18′N 4°54′O / 50.3, -4.9
EstadoReino Unido
PaísInglaterra
RexiónsSuroeste de Inglaterra Editar o valor em Wikidata
CapitalTruro Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación575.525 (2020) Editar o valor em Wikidata (161,53 hab./km²)
Lingua usadaLingua córnica
lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie3.563 km² Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Código NUTSUKK30 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con
Coventry (1972–) Editar o valor em Wikidata
Área de Salientable Beleza Natural

Páxina webcornwall.gov.uk Editar o valor em Wikidata

Cornualla[1][2], Cornualles,[3] ou Cornualle[4] (en inglés: Cornwall; en córnico: Kernow) é un condado administrativo e cerimonial, que ocupa parte da península do mesmo nome, no extremo suroccidental de Inglaterra. Os seus habitantes, os córnicos, están recoñecidos como unha minoría nacional polo Reino Unido desde o 24 de abril de 2014[5]. As súas costas, moi recortadas, son bañadas polo mar Céltico ó norte e oeste e polo canal da Mancha ó sur, e culminan na parte oeste, no chamado Fin da Terra, que equivalería á Fisterra galega ou á Finistèrre bretoa.

O tamén coñecido como país do estaño está ó oeste do condado de Devon, co río Tamar como fronteira entre ambos. As estradas principais de comunicación co resto da illa de Gran Bretaña son a A38 —que cruza o Tamar en Plymouth grazas á ponte do Tamar— e a A30 —que cruza a fronteira polo sur de Launceston—. Un transbordador tamén une Plymouth coa cidade de Torpoint ó outro lado do Hamoaze. Unha ponte ferroviaria (a Royal Albert Bridge), construída por Brunel en 1859, completa a outra gran vía de transporte.

As illas Scilly están asociadas a Cornualla.

Cornualla é tamén un ducado pertencente á coroa británica que ten asociado o título de Duque de Cornualla, correspondente ao herdeiro do rei.[6] O moderno ducado é propietario do 2% do territorio, así como doutras grandes áreas ó longo de Gran Bretaña. Entre 2005 e 2022, o título gañou notoriedade por ser empregado de xeito preferente por Camila do Reino Unido logo da súa voda co príncipe de Gales, Carlos de Inglaterra.

  1. "córnico". TERGAL. Consultado o 29/05/2019. 
  2. Definición de córnico, -ca no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
  3. Ver entrada de «Plymouth». Diciopedia do século 21 3. Isaac Díaz Pardo, Víctor F. Freixanes, Antón Mascato (edición). Editorial Galaxia. 2007. p. 1650. ISBN 9788482893600. 
  4. Benigno Fernández Salgado (edición) (2004). Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1304. ISBN 9788482887524. 
  5. "Cornish to be recognised as a national minority along with Scots, Welsh and Irish" The Independent, 24 de abril de 2014
  6. "About the Duchy of Cornwall". duchyofcornwall.org. Consultado o 2022-09-18. 

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search