دمشق (ar) ![]() | |||||||||||||
Localización | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||
País | Siria | ||||||||||||
Gobernación | gobernación de Damasco ![]() | ||||||||||||
Capital de | Siria (1945–) ![]() | ||||||||||||
Poboación | |||||||||||||
Poboación | 2.685.360 (2024) ![]() | ||||||||||||
Lingua oficial | lingua árabe ![]() | ||||||||||||
Xeografía | |||||||||||||
Parte de | |||||||||||||
Superficie | 105 km² ![]() | ||||||||||||
Bañado por | Rio Barada (pt) ![]() ![]() | ||||||||||||
Altitude | 680 m ![]() | ||||||||||||
Datos históricos | |||||||||||||
Evento clave
| |||||||||||||
Organización política | |||||||||||||
• Xefe do goberno | Maher Marwan (pt) ![]() ![]() | ||||||||||||
Membro de | |||||||||||||
Identificador descritivo | |||||||||||||
Fuso horario | |||||||||||||
Prefixo telefónico | 011 ![]() | ||||||||||||
Outro | |||||||||||||
Irmandado con | |||||||||||||
Sitio web | damascus.gov.sy ![]() | ||||||||||||
![]() |
Damasco[1][2][3] (en árabe: دمشق, tr. "Dimashq") é a capital de Siria e a segunda meirande cidade do país despois de Alepo. En Siria é coñecida comunmente como ash-Shām e é alcumada a Cidade de Xasmín (en árabe: مدينة الياسمين Madīnat al-Yāsmīn). É unha das cidades habitadas con continuidade máis antigas do mundo, alén do maior centro cultural e relixioso do Levante mediterráneo. Segundo estimacións de 2009, tiña unha poboación de 1 711 000 habitantes.
Localizada no suroeste de Siria, Damasco é o centro dunha grande área metropolitana de 2,6 millóns de persoas (2004).[4] Xeograficamente situada ó pé da Cordilleiro do Antilíbano, está a 80 km da costa do mar Mediterráneo, nunha chaira 680 metros por enriba do nivel do mar. Damasco ten un clima semi-árido por mor do efecto de sombra orográfica. O río Barada flúe a través de Damasco.
Segundo o Novo Testamento, San Paulo tivo unha visión de Xesús no camiño a Damasco, polo cal a cidade considérase sacra tanto no cristianismo como no islam. Entre os seus atractivos turísticos sobresae a tumba de Saladino, o soado defensor da Terra Santa durante a época das cruzadas.
© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search