Delfos

Sitio arqueolóxico de Delfos
Santuario de Delfos: teatro e templo de Apolo.
Delfos en Grecia
Delfos
Delfos
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
PaísGrecia Grecia
Localización38°28′58.8″N 22°30′3.6″L / 38.483000, -22.501000
TipoCultural
CriteriosI, II, III, IV, VI
Inscrición1987 (12º sesión)
Rexión da UNESCOEuropa e América do Norte
Identificador393

Aos pés do monte Parnaso en Focea, Delfos é o lugar dun santuario panhelénico onde falaba o oráculo de Apolo a través da súa profetisa, a Pitia ; tamén albergaba o ónfalos ou «embigo do mundo». Investido cun significado sagrado, Delfos foi do século -VI ao -IV o verdadeiro centro e o símbolo da unidade do mundo grego.

Os santuarios panhelénicos eran complexos arquitectónicos externos ás cidades: constituían os únicos lugares onde todos os antigos gregos, e algúns bárbaros (lidios e etruscos) tomaban parte en celebracións relixiosas comúns.


© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search