Dereito laboral

Chapa para reivindicar o dereito ao traballo (1976)

O Dereito laboral (ou dereito do traballo) é unha rama do dereito. Os seus principios e normas xurídicas teñen como finalidade a tutela dos traballadores, regulando as relacións entre os suxeitos da relación laboral: traballadores, empregadores, sindicatos, e a intervención do estado.

O traballo humano é toda actividade realizada polo ser humano, sexa a través de esforzo físico ou intelectual, e dirixida á produción, modificación ou transformación de materias en bens e servizos.
Ocúpase, por tanto, da prestación de servizos persoais baixo subordinación e dependencia por un traballador a un empregador (sexa unha persoa física ou unha xurídica) a cambio dunha contraprestación pecuniaria.


© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search