![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2015.) |
Un dirixible ou dirixíbel[1] é un aeróstato autopropulsado con capacidade de manobra para ser gobernado coma unha aeronave. A sustentación aerostática acádase mediante depósitos cheos dun gas de menor densidade cá da atmosfera circundante. Difire da sustentación aerodinámica obtida mediante o movemento rápido dun perfil alado, coma nas ás dun aeroplano ou a hélice dun helicóptero.
Adoitan depender das correntes de aire para moverse horizontalmente, e o movemento vertical pode controlarse incorporando calor ao gas contido ou manobrando con lastre.
Foi o primeiro artefacto voador capaz de ser controlado nun voo longo. O seu uso principal tivo lugar aproximadamente entre 1900 e a década de 1930, reducíndose paulatinamente mentres as súas capacidades eran superadas polas dos aeroplanos, ademais de por varios accidentes de relevancia, o máis notable dos cales foi seguramente o incendio do dirixible Hindenburg. Actualmente son usados nunha serie de aplicacións secundarias, especialmente publicidade.
© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search