Drosophila

Este artigo trata sobre o xénero de moscas Drosophila en xeral. Para a especie máis importante deste xénero ver Drosophila melanogaster.

Drosophila é un xénero de pequenas moscas da familia Drosophilidae, que xeralmente reciben o nome de "moscas da froita" ou "moscas do vinagre", debido a que moitas das especies revoan arredor de froitas moi maduras ou podres ou do viño ou vinagre (non deben confundirse coas Tephritidae, ás que tamén se lles chama moscas da froita, que poden ser unha praga para as colleitas de froita, como por exemplo a mosca da froita mediterránea Ceratitis capitata). A especie máis famosa do xénero Drosophila é D. melanogaster, porque foi amplamente utilizada en investigación xenética e é un organismo modelo común en estudos de bioloxía do desenvolvemento. Mesmo ás veces na literatura se fala de Drosophila a secas cando se están referindo a D. melanogaster, e especifícase a especie cando se trata das outras especies do xénero. O xénero contén máis de 1500 especies[1] que son moi diversas en aparencia, comportamento, e hábitat de apareamento.

  1. Gerhard Bächli (1999–2006). "TaxoDros: the database on taxonomy of Drosophilidae". 

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search