Eros

Infotaula de personaEros

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(grc) Ἔρως Editar o valor em Wikidata
Biografía
CelebraciónRelixión da Grecia antiga Editar o valor em Wikidata
Familia
Cónxuxesen valor
Psique
FillosTrigêmeos filhos de Eros (pt) Traducir
Hedonê (pt) Traducir
 () Psique Editar o valor em Wikidata
PaisPoro (pt) Traducir, Ares, Céfiro, Éter (mitoloxía), Caos e Erebo Editar o valor em Wikidata  e Pénia (pt) Traducir, Afrodita, Íris (pt) Traducir, Eris e Nicte Editar o valor em Wikidata
IrmánsAnteros, Himeros (en) Traducir, Pothos (pt) Traducir, Nicte, Xea e Erebo Editar o valor em Wikidata


Na mitoloxía grega, Eros é o nome do deus do amor, correspondente ó Cupido na mitoloxía romana.

Existen varias versións sobre o nacemento de Eros, aínda que adoita considerarse nacido directamente do Caos, á par que Xea[1] ou do ovo primixenio que puxo Eurínome e que fecundara a serpe Ofión.

"En primeiro lugar existiu, realmente, o Caos. Logo Xea... e Eros, o máis fermoso entre todos os deuses inmortais, desatador de membros, que no peito de tódolos deuses e de tódolos homes a súa mente e prudente decisión somete".
(Hesíodo: Teogonía 117-123)

Segundo outras lendas, era fillo de Ares e Afrodita [2]; ou de Ilitía, de Iris, ou de Hermes e Artemisa [3].

En O banquete, Platón fai dicir a unha das personaxes, Diotima, que Eros sería un elemento intermediario, un semideus que actúaría de intérprete entre os cuestionamentos humanos e os designios divinos, nacido de Poros (o Recurso) e Penía (a Pobreza).

Entre as súas accións, lanza as súas frechas a Heracles, a Apolo [4] (que se burlara del por non saber manexar o arco) e ó propio Zeus.

[Afrodita fala con Eros para que someta a Hades] "Ti sometes e dominas ós celestiais e ó mesmo Xúpiter, ti ós deuses do mar e ó que goberna ós deuses do mar".
(Ovidio: Metamorfosis V, 369-370)
  1. Para Carmona, non obstante, foi fillo de Xea (px. 23).
  2. Pero hai dous Eros, un é o fillo de Ares e Afrodita, a filla de Urano; e outro, Anteros (o amor contrario), fillo de Ares e Afrodita, filla de Zeus e Díone.
  3. A este é ó que se representa con alas.
  4. "O primeiro amor de Febo [Apolo] foi Dafne, un amor que non produciu o ignorante azar, senón a cruel ira de Cupido" (Ovidio: Metamorfosis I, 452-453).

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search