Slovenija (sl) ![]() | |||||
Himno | Zdravljica ![]() | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Capital | Liubliana ![]() | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 2.066.880 (2018) ![]() | ||||
Lingua oficial | lingua eslovena ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 20.271 km² ![]() | ||||
Bañado por | mar Adriático e Mar Mediterráneo ![]() | ||||
Punto máis alto | Monte Triglav (2.863,65 m) ![]() | ||||
Punto máis baixo | mar Adriático (0 m) ![]() | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 25 de xuño de 1991 ![]() | ||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | república democrática ![]() | ||||
• Presidente ![]() | Nataša Pirc Musar (2022–) ![]() | ||||
Órgano executivo | Government of Slovenia (en) ![]() ![]() | ||||
• Primeiro ministro ![]() | Robert Golob (2022–) ![]() | ||||
Órgano lexislativo | Parlamento Esloveno (pt) ![]() ![]() | ||||
Máxima autoridade xudicial | Supremo Tribunal de Justiça da República da Eslovénia (pt) ![]() ![]() | ||||
Membro de | |||||
PIB nominal | 62.117.768.015 $ (2022) ![]() | ||||
Moeda | euro ![]() | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Dominio de primeiro nivel | .si ![]() | ||||
Prefixo telefónico | +386 ![]() | ||||
Teléfono de emerxencia | 112 e 113 ![]() | ||||
Código de país | SI ![]() | ||||
Código NUTS | SI ![]() | ||||
Sitio web | gov.si ![]() | ||||
![]() |
Eslovenia ( pronunciación (axuda · info)) (en esloveno: Slovenija), oficialmente República de Eslovenia (
pronunciación (axuda · info)) (en esloveno: Republika Slovenija
[rɛˈpùːblika slɔˈʋèːnija] (axuda · info)), é un país do sur da Europa central que fai fronteira con Italia polo oeste, co mar Adriático polo suroeste, con Croacia polo sur e o leste, con Hungría polo nordeste e con Austria polo norte. A principal cidade eslovena e capital do estado é Liubliana.
Durante a súa historia Eslovenia formou parte do Imperio Romano, o Imperio Bizantino, a República de Venecia, o Ducado de Carantania (só o a parte norte do país), o Sacro Imperio Romano Xermánico, a monarquía dos Habsburgo, o Imperio Austríaco (máis tarde chamado Imperio Austrohúngaro), o efémero Estado dos Eslovenos, Croatas e Serbios, o Reino dos Serbios, Croatas e Eslovenos (chamado Reino de Iugoslavia a partir 1929) entre a primeira e a segunda guerra mundial, e a República Federal Socialista de Iugoslavia dende o ano 1945 até o ano 1991, cando o país obtivo a súa independencia.
Forma parte da Unión Europea, a Eurozona, a Zona Schengen, a Organización para a Seguridade e a Cooperación en Europa, o Consello de Europa e a OTAN.
© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search