ExPASy

ExPASy é un portal de recursos bioinformáticos xestionado polo Instituto Suízo de Bioinformática (Swiss Institute of Bioinformatics, SIB) e en particular polo SIB Web Team. É un portal integrado e extensible no que se poden acceder a moitas fontes científicas, bases de datos e ferramentas de software de diferentes áreas das ciencias da vida. Os científicos poden acceder a unha ampla gama de recursos de moi diferentes dominios, como a proteómica, xenómica, filoxenia/evolución, bioloxía de sistemas, xenética de poboacións, e a transcritómica. Cada un dos recursos (bases de datos, ferramentas informáticas descargables baseadas en páxinas web) albérganos de forma descentralizada distintos grupos do SIB e institucións asociadas. Un só portal web proporciona un punto de entrada común a un amplo rango de recursos desenvolvidos e operados por moitos grupos diferentes do SIB e institucións externas. O portal presenta unha función de busca dos recursos seleccionados. Internamente, a dispoñibilidade e uso dos recursos está monitorizada. O portal está pensado tanto para o seu uso por expertos coma por persoas non familiarizdas cun dominio específico das ciencias da vida, e a nova inerface da web proporciona unha guía visual para os novatos no uso de ExPASy.


© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search