Exilio

O exilio é o estado de estar obrigatoriamente lonxe da propia terra (xa sexa cidade ou nación) e pode definirse como a expatriación, voluntaria ou forzada, dun individuo[1]. Algúns autores utilizan o termo "exiliado" co sentido de "refuxiado".

Ademais de persoas no exilio, tamén hai gobernos no exilio, como o do Tíbet ou nacións no exilio, como foi o caso de Armenia de 1078 a 1375, que logo da invasión do seu territorio, exiliouse en Cilicia, formando un novo reino.

  1. Análise do termo Arquivado 10 de agosto de 2013 en Wayback Machine. pola Real Academia Galega

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search