Ganesha

Festival de Ganesha Yatra en Pune, 2014.

Ganesha (en sánscrito: संस्कृत: गणेश), tamén coñecido como Ganesh ou Ganexa,[1][2] é un dos deuses máis venerados do hinduísmo, simbolizando a sabedoría, a eliminación de obstáculos e o patrón das artes e das ciencias.

Adórase en numerosas formas relixiosas en toda a India e é unha figura central en rituais e celebracións hindús.

Ganesha co seu vahana, de 1900.

Ganesha é o símbolo das solucións lóxicas e debe interpretarse como tal. O seu corpo é humano mentres que a cabeza é a dun elefante; ao mesmo tempo, o seu transporte (vahana) é un roedor. Deste xeito, Ganesha representa unha solución lóxica aos problemas: é o "Destrutor de Obstáculos". A súa consorte é Buddhi (un sinónimo de "mente") e é adorado xunto con Lakṣmi (a deusa da abundancia) por comerciantes e empresarios. O culto a Ganesha está moi estendido, mesmo fóra da India. Os seus devotos chámanse Gaṇapatyas.[3]

  1. Séguier 1990.
  2. Oliveira 1952, p. 64.
  3. "Gāṇapatyas". Hindupedia, the Hindu Encyclopedia (en inglés). 2023-04-07. Consultado o 2024-03-13. 

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search