Git | |
---|---|
![]() | |
Desenvolvedor | Junio Hamano e outros[1] |
Última versión | 2.11.0[1] |
Postas en funcionamento | 7 de abril de 2005 |
Sistema operativo | POSIX: Linux, Windows, macOS |
Licenza | GNU GPL v2[2] e GNU LGPL v2.1[3] |
Web | git-scm |
Git é un sistema de control de versións (VCS) que traza os cambios en ficheiros e permite a coordinación de traballo en grupos de moitas persoas.
Emprégase máis para o desenvolvemento de software,[4] pero úsase para xestionar traballos sobre calquera tipo de ficheiros. É un sistema de control de versións distribuído orientado á ser rápido,[5] manter a integridade dos datos,[6] e soportar modelos de traballo distribuídos e non lineais[7].
Git creouno Linus Torvalds en 2005, pensando no desenvolvemento do kernel de Linux, e coa axuda no inicio doutros desenvolvedores do kernel[8]. O actual administrador de git é Junio Hamano.
Como todos os sistemas de control de versións distribuídos, e ao contrario dos sistemas cliente-servidor, cada cartafol de git de cada nó[9] é un repositorio co historial ao completo, cheo de capacidades de trazado de versións e independente do acceso a unha rede ou un servidor central[10].
Ao igual que o kernel de Linux, Git é software libre. Distribúese baixo os termos da GNU General Public License versión 2.
© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search