Granada, Caribe

Modelo:Xeografía políticaGranada, Caribe
State of Grenada (en) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

HimnoHino nacional de Granada (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Lema«Ever Conscious of God We Aspire, Build and Advance as One People» Editar o valor em Wikidata
Nomeado en referencia aGranada Editar o valor em Wikidata
Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 12°07′00″N 61°40′00″O / 12.11667, -61.66667Coordenadas: 12°07′00″N 61°40′00″O / 12.11667, -61.66667
CapitalSaint George's Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación114.299 (2023) Editar o valor em Wikidata (327,97 hab./km²)
Lingua oficiallingua inglesa
Crioulo inglês de Granada (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie348,5 km² Editar o valor em Wikidata
Bañado porMar Caribe Editar o valor em Wikidata
Punto máis altoMonte Saint Catherine (pt) Traducir (840 m) Editar o valor em Wikidata
Punto máis baixoMar Caribe (0 m) Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación1974 Editar o valor em Wikidata
Organización política
• Monarca Editar o valor em WikidataCarlos III do Reino Unido (2022–) Editar o valor em Wikidata
• Prime Minister of Grenada (en) Traducir Editar o valor em WikidataKeith Mitchell Editar o valor em Wikidata
Órgano lexislativoParlamento de Granada (pt) Traducir , (Escano: 13) Editar o valor em Wikidata
Membro de
PIB nominal1.122.800.000 $ (2021) Editar o valor em Wikidata
MoedaDólar Caribe-Leste Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Dominio de primeiro nivel.gd Editar o valor em Wikidata
Prefixo telefónico+1473 Editar o valor em Wikidata
Teléfono de emerxencia911, 434 (en) Traducir, 724 (en) Traducir e 774 (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Código de paísGD Editar o valor em Wikidata

Páxina webgov.gd Editar o valor em Wikidata
BNE: XX454063

Granada (en inglés Grenada (Escoitari/ɡrəˈndə/, en francés crioulo granadino: Gwenad /ɡwiˈnd/) é un país insular no mar Caribe que inclúe ás Granadinas do sur. É o segundo país independente máis pequeno do hemisferio occidental (logo de Saint Kitts e Nevis). Atópase na zona sueste do mar Caribe, ao norte de Trinidad e Tobago, ao Nordeste de Venezuela e ao sur de San Vicente e as Granadinas. Granada está formada pola propia illa de Granada, dúas illas máis pequenas, Carriacou e Pequena Martinica, e varias illas pequenas que se atopan ao norte da illa principal e forman parte das Granadinas. O seu tamaño é de 3 485 kilometros cadrados (1 346 sq mi) e tiña unha poboación estimada de 112.523 en xullo de 2020.[1] A súa capital é Saint George's.[1] Granada tamén é coñecida como a "illa das especias" debido á súa produción de cultivos de noz moscada e macis.[2]

Antes da chegada dos europeos ás Américas, Granada estaba habitada polos pobos indíxenas de América do Sur. Cristovo Colón avistou Granada en 1498 durante a súa terceira viaxe ás Américas. Despois de varios intentos infrutuosos dos europeos de colonizar a illa debido á resistencia dos Caribes residentes, o asentamento e colonización do imperio colonial francés comezou en 1649 e continuou durante o século seguinte.[3] O 10 de febreiro de 1763, Granada foi cedida aos Británicos baixo o Tratado de París. O dominio británico continuou ata 1974 (agás unha breve toma de posesión francesa entre 1779 e 1783).[4] Non obstante, o 3 de marzo de 1967, foi concedida a plena autonomía sobre os seus asuntos internos como Estado Asociado, e de 1958 a 1962 Granada formou parte da Federación das Indias Occidentais, unha federación de curta duración de Colonías británicas das Indias occidentais.

A independencia concedeuselle o 7 de febreiro de 1974 baixo o liderado de Eric Gairy, quen se converteu no primeiro primeiro ministro do estado soberano de Granada. O novo país pasou a ser membro da Commonwealth, coa raíña Isabel II como xefa de estado[1]. En marzo de 1979, o Marxista-leninista Movemento Nova Xoia derrocou ao goberno de Gairy nun Golpe de Estado incruento e estableceu un Goberno Popular Revolucionario (PRG), encabezado por Maurice Bishop como primeiro ministro.[5] Bishop foi arrestado e despois executado por membros do Exército Revolucionario Popular (PRA), o que provocou a invasión estadounidense de Granada en outubro de 1983. Desde entón, a illa volveu a unha democracia representativa parlamentaria e mantívose politicamente estable.[1]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "CIA World Factbook – Grenada". Consultado o 12 de xullo de 2019. 
  2. "Grenada | History, Geography, & Points of Interest". Encyclopedia Britannica (en inglés). Consultado o 2020-06-12. 
  3. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome grenada-french
  4. Steele 2003, pp. 35–36.
  5. Jacobs, Curtis (2015-01-01). Grenada, 1949–1979: Precursor to Revolution. The Grenada Revolution (University Press of Mississippi). ISBN 978-1-62846-151-0. doi:10.14325/mississippi/9781628461510.003.0002. 

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search