Guerra de Inverno | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Parte de Segunda guerra mundial | |||||||||||
Patrulla de esquiadores fineses o 12 de xaneiro de 1940. | |||||||||||
| |||||||||||
Belixerantes | |||||||||||
Finlandia | Unión Soviética
| ||||||||||
Líderes | |||||||||||
Kyösti Kallio Risto Ryti Carl Gustaf Emil Mannerheim |
Iosif Stalin Kirill Meretskov Kliment Voroshilov Semyon Timoshenko[a] | ||||||||||
Forzas en combate | |||||||||||
300 000 - 340 000 soldados[b] |
425 000 - 760 000 soldados[e] | ||||||||||
Baixas | |||||||||||
25 904 mortos ou desaparecidos[15] 43 557 feridos[16] |
126 875 - 167 976 mortos ou desaparecidos[20][21][22] 188 671 - 207 538 feridos[20][21] (incluídos canto menos 61 506 enfermos ou conxelados[23]) |
A guerra de Inverno[g] foi un conflito militar entre a Unión Soviética e Finlandia. Comezou cunha ofensiva soviética o día 30 de novembro de 1939 (dous meses despois do inicio da Segunda guerra mundial e da invasión soviética de Polonia), e rematou o 13 de marzo de 1940 co Tratado de paz de Moscova. A Sociedade de Nacións considerou o ataque ilegal e expulsou a Unión Soviética da Sociedade o 14 de decembro de 1939.
Os soviéticos tiñan tres veces máis soldados que os fineses, trinta veces máis avións, e cen veces máis tanques. O Exército Vermello, porén, fora paralizado pola Gran Purga de Iosif Stalin de 1937, reducindo a moral e a eficacia do exército pouco tempo antes do inicio da guerra. Con máis de 30.000 dos seus oficiais executados ou presos, incluídos moitos altos mandos, o Exército Vermello en 1939 tiña moitos oficiais de nivel medio e alto inexpertos. Debido a estes factores, e a alta moral das forzas finesas, Finlandia foi capaz de resistir a invasión soviética moito máis tempo do que os soviéticos agardaban.[31]
As hostilidades remataron o 13 de marzo de 1940 coa sinatura do Tratado de paz de Moscova. Finlandia cedeu o 11% dos seus territorios previos á guerra e o 30% dos seus activos económicos á Unión Soviética. As perdas no Exército Vermello foron moi altas, e a reputación internacional do país sufriu. As forzas soviéticas non cumpriron o seu obxectivo de conquistar completamente Finlandia, pero gañaron terreo substancial ao longo do lago Ladoga e territorio no norte do país.[32] Os fineses, porén, conservaron a súa soberanía e melloraron a súa reputación internacional.
O tratado de paz frustrou o plan franco-británico de enviar tropas a Finlandia polo norte de Escandinavia. Un dos obxectivos principais desa operación era o de tomar o control das minas de ferro do norte de Suecia e cortar a súa subministración a Alemaña.
Erro no código da cita: As etiquetas <ref>
existen para un grupo chamado "lower-alpha", pero non se atopou a etiqueta <references group="lower-alpha"/>
correspondente
© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search