Guerra do Golfo

Guerra do Golfo

Data: 2 de agosto de 199028 de febreiro de 1991
Lugar: Golfo Pérsico
Desenlace: Invasión de Kuwait por parte de Iraq.
Resultado: Vitoria da Coalición, liberando Kuwait.
Combatentes
Coalición das Nacións Unidas Iraq
Efectos
Mortes: 378 mortos Mortes: 25.000 - 30.000 mortos
Feridos: 1.000 feridos Feridos: 75.000 feridos

A chamada guerra do Golfo Pérsico ou simplemente guerra do Golfo foi a guerra que de 1990 a 1991 enfrontou a Iraq e a unha coalición internacional, composta por 34 estados e liderada polos Estados Unidos de América, como resposta á invasión e anexión de Iraq do emirato de Kuwait. Tamén é coñecida como Operación Treboada do deserto, nome da campaña liderada polos Estados Unidos para liberar Kuwait. En Iraq, a guerra é con frecuencia chamada simplemente Um M'aārak ("A nai de tódalas batallas").

En xullo de 1990, Saddam Hussein, presidente do Iraq, acusou a Kuwait de causar a caída dos prezos do petróleo e retomou antigas cuestíons de límites, alén de esixir indemnizacións. Como Kuwait non cedeu, o 2 de agosto de 1990, tropas iraquís invadiron Kuwait, coa esixencia do presidente Saddam Hussein de controlar os seus vastos e valiosos campos de petróleo. Este acontecemento provocou a inmediata sanción económica por parte das Nacións Unidas. As hostilidades comezaron en xaneiro de 1991, dando como resultado unha crucial vitoria para as forzas da coalición, o cal conduciu a que as tropas iraquís abandonaran Kuwait deixando un saldo moi alto de vítimas humanas. As principais batallas foron combates aéreos e terrestres dentro de Iraq, Kuwait, e a fronteira de Arabia Saudita. A guerra non se expandiu fóra da zona de Iraq-Kuwait-Arabia, aínda que algúns mísiles iraquís chegaron a cidades israelís. As causas da guerra, e incluso o seu nome, son aínda temas de controversia.


© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search