Holocausto

Dende arriba: 1.ª fila: Fosas comúns de Bergen-Belsen trala súa liberación en abril de 1945. 2.ª fila: Prisioneiros xudeus procedentes de Hungría acabados de chegar a Auschwitz en maio de 1944; imaxe esquerda, chemineas dos crematorios II e III de Birkenau. 3.ª fila: cadáveres en abril de 1945 no xa liberado campo de concentración de Nordhausen (esquerda). Fornos crematorios en Buchenwald con ósos de mulleres alemás contrarias ós nazis, abril de 1945 (dereita). 4.ª e última fila: Auschwitz en 2009.


O Holocausto[1] (en grego antigo: ὁλόκαυστος, holókaustos: ὅλος, "todo" e καυστον, "queimado"),[2] tamén coñecido como Shoá (en hebreo: השואה, HaShoá, "a catástrofe"; yiddish: חורבן, Churben ou Hurban, do hebreo para "destrución"), foi o xenocidio ou asasinato en masa de case seis millóns de xudeus durante a segunda guerra mundial, no maior xenocidio do século XX, a través dun programa sistemático de exterminio étnico patrocinado polo estado nazi, liderado por Adolf Hitler e polo Partido Nacionalsocialista e que ocorreu en todo o Terceiro Reich e nos territorios ocupados polos alemáns durante a guerra.[3][4][5][6][7][8][9][10][11][12] Dos nove millóns de xudeus que residían en Europa antes do Holocausto, cerca de dous terzos foron exterminados. Máis dun millón de nenos, dous millóns de mulleres e tres millóns de homes morreron neste período.[13][14][15]

O vocábulo ten orixes remotas en sacrificios rituais pagáns da antigüidade en que animais (ás veces até seres humanos) eran ofrecidos ás divindades, sendo completamente queimados durante a noite. A partir do século XIX, o termo "holocausto" pasou a designar grandes catástrofes e masacres, até que trala segunda guerra mundial o termo "Holocausto" (con inicial maiúscula) pasou a ser utilizado especificamente para se referir ao xenocidio sistemático realizado polos nazis contra varios grupos étnicos, relixiosos, nacionais e outros grupos durante a segunda guerra mundial.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para holocausto.
  2. Dawidowicz 1975, p. xxxvii.
  3. Snyder 2010, p. 45.
  4. Bauer 2002.
  5. Cesarani 2004.
  6. Dawidowicz 1981.
  7. Evans 2002.
  8. Gilbert 1986.
  9. Hilberg 1996.
  10. Longerich 2012.
  11. Phayer 2000.
  12. Zuccotti 1999.
  13. Fitzgerald 2011, p. 4.
  14. Hedgepeth & Saidel 2010, p. 16.
  15. Dawidowicz 1975, p. 403.

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search