Homeostase

Efectos da presión osmótica nos glóbulos vermellos.

A homeostase[1] (do latín científico homeostasis; do grego ὅμοιος hómoios 'similar', 'semellante' [2] e στάσις stásis 'posición', 'estabilidade' [3][4]) é a característica dun sistema aberto ou dun sistema pechado, especialmente nun organismo vivo, que regulariza o seu ambiente interno para manter unha condición estable e constante. Os múltiples axustes dinámicos do equilibrio e os mecanismos de autorregulación fan a homeostase posíbel.

  1. Dicionario Digalego hemostase Arquivado 18 de setembro de 2018 en Wayback Machine.
  2. ὅμοιος, Henry George Liddell, Robert Scott, A Greek-English Lexicon, on Perseus.
  3. στάσις, Henry George Liddell, Robert Scott, A Greek-English Lexicon, on Perseus.
  4. Sobre a correcta acentuación, véxase, p. ex., homeópata, no Dicionario da RAG en liña, que dá a entender que o primeiro α de πατία é breve, o que talvez ocorra tamén no primeito de στάσις (Cf. diástase, no DRAG en liña, e o catalán homeòstasi).

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search