Imperio Inca

Modelo:Xeografía políticaImperio Inca
Tawantinsuyu (qu) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 10°S 70°O / -10, -70Coordenadas: 10°S 70°O / -10, -70
CapitalCuzco Editar o valor em Wikidata
Poboación
Lingua oficiallinguas quechuas Editar o valor em Wikidata
RelixiónRelixión incaica Editar o valor em Wikidata
Datos históricos
Precedido por
Creación1438 Editar o valor em Wikidata
Disolución1533 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata
Sucedido porEstado neoincaico e Vicerreinado do Perú Editar o valor em Wikidata
Organización política
Forma de gobernomonarquía absoluta
culto imperial Editar o valor em Wikidata
• Xefe de estadoAtahualpa (1532–1533)
Pachacuti (1438–1471)
Túpac Yupanqui (1471–1493)
Huayna Cápac (1493–1527)
Huáscar (1527–1532) Editar o valor em Wikidata

O Imperio Inca foi o berce da civilización inca, a derradeira das tres grandes civilizacións precolombianas que conservou o seu Estado. A civilización inca xurdiu nas terras altas do Perú nalgún momento a principios do século XIII. As orixes do imperio remóntanse á vitoria dos quechuas sobre os chancas en 1438 e desapareceu no século XVI coa súa anexión ao Imperio Español en 1533, aínda que en 1537 houbo un intento de restaurar o imperio que foi sufocado polos españois en 1572.

Unificou diversas culturas preincas da América do Sur e con elas constituíu o imperio máis extenso do continente americano. A súa historia e cosmovisión, unificadoras de todos os pobos do mundo coñecido, permitiu a Inca Garcilaso de la Vega facer certo paralelo entre o Imperio Inca e o Imperio Romano pola súa traxectoria cultural e a súa pluralidade[1]

Tawantinsuyu é como se denominaba o territorio que abranguía o imperio. No momento de máxima expansión, estendíase por preto de dous millóns de quilómetros cadrados, entre o océano Pacífico e selva amazónica, das proximidades de Pasto da actual Colombia ata o río Maule, no actual Chile central. O imperio estivo dividido en catro suios: Chinchaysuio (Chinchay Suyu) ao norte, Collasuio (Qulla Suyu) ao sur, Antisuio (Anti Suyu) ao leste e Contisuio (Kunti Suyu) ao oeste. A capital do imperio era Cuzco, o embigo do mundo, nas terras altas do Perú, berce dos quechuas, fundadores do imperio.

No Imperio Inca falábanse distintas variedades das linguas quechuas. O nome deriva da palabra indíxena qishwa, zona temperada, e é unha imposición dos conquistadores españois; os incas chamárono runa simi, a lingua dos homes. Runa simi era a lingua popular, as clases dominantes falaban o inca simi ou puquina, unha variante extinta do quechua falada polos puquina e outras etnias do sur do actual Perú, que se cre era unha especie de lingua secreta da nobreza[2]. Máis tarde foi considerada como a lingua dos deuses pola crenza de que a familia real descendía directamente deles.

Moitas formas de culto locais persistiron coa chegada do imperio, a maioría relacionadas coas sagradas Huacas locais, pero os dirixentes impulsaron a adoración de Inti, o deus solar inca, e impuxeron a súa soberanía por encima doutros cultos como o de Pachamama[3]. Os incas consideraban o seu rei, o Sapa Inca, como o fillo do sol[4].

A economía inca foi descrita de maneira contraditoria por moitos expertos: feudal, escravista e socialista (aquí pode un elixir entre paraíso socialista e tiranía socialista)[5]. O Imperio Inca funcionou en gran parte sen diñeiro e sen mercados. Pola contra, o intercambio de bens e servizos baseouse na reciprocidade entre individuos, grupos e gobernantes incas. Os "impostos" consistían nunha obriga laboral das persoas para con o Imperio. Os gobernantes incas, que teoricamente posuían todos os medios de produción, correspondían garantindo o acceso á terra e aos bens e proporcionando alimentos e bebidas nas celebracións dos seus súbditos[6]

Algunhas características destacadas do Imperio Inca son: a súa arquitectura monumental, especialmente a cantaría; a extensa rede viaria que chegaba a todos os recunchos do imperio; os tecidos finos; o uso de cordas anoadas (quipu) para gardar e comunicar rexistros; innovacións agrícolas nun medio difícil; e a organización e xestión fomentada ou imposta á súa xente e ao seu traballo. Pero, paradoxalmente, carecían de moitas características que no Vello Mundo se consideran asociadas á civilización: non tiñan vehículos con rodas nin animais que puidesen montar ou usar para tirar de carros e arados; eran expertos metalúrxicos, pero descoñecían o ferro e o aceiro, usando o bronce para as súas ferramentas e utensilios; e, sobre todo, carecían dun sistema de escrita, que foi esencial para a construción dos reinos e imperios europeos e para a transmisión do coñecemento e da civilización. A pesar destes supostos hándicaps, os incas aínda foron capaces de construír un dos maiores estados imperiais da historia humana[7].

  1. Gómez Suárez de Figueroa (2016). Comentarios reales de los Incas y otros textos. Penguin clásicos (en castelán). Penguin Random House Grupo Editorial Perú. ISBN 9786124325014. 
  2. "Quechua, gli ultimi Incas" (en italiano). Consultado o 29 de xaneiro de 2020. 
  3. Mangudai, Addison. "The Inca". All Empires (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 20 de xaneiro de 2012. Consultado o 29 de xaneiro de 2020. 
  4. The National Foreign Language Center at the University of Maryland, ed. (29 de maio de 2007). "Andean Quechua Culture: The Inca". Precolumbian Cultures (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 10 de novembro de 2009. Consultado o 29 de xaneiro de 2020. 
  5. La Lone, Darrell E. "The Inca as a Nonmarket Economy: Supply on Command versus Supply and Demand" (en inglés). p. 292. Consultado o 29 de xaneiro de 2020. ... feudal, slave, socialist (here one may choose between socialist paradise or socialist tyranny) 
  6. Morris, Craig; von Hagen, Adrianna (2011). The Incas: Lords of the Four Quarters (en inglés). Londres: Thames & Hudson. pp. 48–58. ISBN 9780500021217. 
  7. McEwan, Gordon F. (2006). Weeks, John M., ed. The Incas: New Perspectives. Understanding ancient civilizations (en inglés). ABC-CLIO. p. 5. ISBN 1-85109-574-8. 

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search