Johann Wolfgang von Goethe

Infotaula de personaJohann Wolfgang von Goethe

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(de) Johann Wolfgang Goethe Editar o valor em Wikidata
28 de agosto de 1749 Editar o valor em Wikidata
Frankfurt (Sacro Imperio Romano Xermánico) Editar o valor em Wikidata
Morte22 de marzo de 1832 Editar o valor em Wikidata (82 anos)
Weimar (Confederación Xermánica) Editar o valor em Wikidata
Causa da morteinfarto agudo de miocardio Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaWeimarer Fürstengruft (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Geheimrat (pt) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeGrão-Ducado de Saxe-Weimar-Eisenach (pt) Traducir (1775–) Editar o valor em Wikidata
RelixiónLuteranismo Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Estrasburgo - xurisprudencia (1770–1771)
Universidade de Leipzig - xurisprudencia (1765–1768) Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoAnatomía, meteoroloxía, xeoloxía e física Editar o valor em Wikidata
Ocupacióndirector de teatro , aforista , autor de diarios , polímata , diplomático , estadista , autobiógrafo , mineraloxista , teórico da arte , escritor , zoólogo , libretista , avogado , compositor , artista visual , dramaturgo , letrado , filósofo , teólogo , pintor , botánico , político , novelista , xurista , crítico musical , físico , crítico de arte , escritor de viaxes , bibliotecario , poeta , historiador da arte Editar o valor em Wikidata
Membro de
Xénero artísticoNovela, poesia lírica (pt) Traducir, Drama e Traxedia Editar o valor em Wikidata
MovementoSturm und Drang, Classicismo de Weimar (pt) Traducir e Ilustración Editar o valor em Wikidata
ProfesoresAdam Friedrich Oeser (pt) Traducir, Justus Christian Loder e Jean Schweighaeuser (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Influencias
LinguaLingua alemá Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Abreviación dun autor en botánicaGoethe Editar o valor em Wikidata
Abreviatura do autor en zooloxíaGöethe Editar o valor em Wikidata
Familia
FamiliaGoethe (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
CónxuxeChristiane Vulpius
ParellaLili Schönemann (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
FillosAugust von Goethe (pt) Traducir
 () Christiane Vulpius (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisJohann Caspar Goethe (en) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Catharina Elisabeth Goethe (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsCornelia Schlosser (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
ParentesPeter im Baumgarten (en) Traducir (foster child (en) Traducir) Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0324473 Allocine: 37170 Allmovie: p309862 IBDB: 5928
Youtube: UCHiwbcO8Y28R2-4tAfikbZw BNE: XX1156503 Bitraga: 917 Dialnet: 327112 iTunes: 14236141 Musicbrainz: f66b7fa3-1731-40ec-a2d9-710aa9e07c5d Discogs: 573251 IMSLP: Category:Goethe,_Johann_Wolfgang_von WikiTree: Goethe-22 Find a Grave: 1185 Editar o valor em Wikidata

Johann Wolfgang von Goethe (De-Johann_Wolfgang_von_Goethe.ogg [ˈjoːhan ˈvɔlfɡaŋ fɔn ˈɡøːtə] ), nado en Frankfurt o 28 de agosto de 1749 e finado o 22 de marzo de 1832, foi un novelista, dramaturgo, poeta, científico, filósofo humanista e, durante dez anos, funcionario do Estado de Weimar. A súa obra Fausto ten sido chamado o mellor poema longo da literatura moderna europea. O súa obra inclúe poesía épica e lírica, escrita en diversas métricas e estilos, prosa e dramas en verso, memorias, unha autobiografía, críticas literarias e estéticas, tratados de botánica, anatomía, e cor, e catro novelas. Ademais, consérvanse numerosos fragmentos literarios e científicos, máis de 10.000 cartas, e preto de 3.000 debuxos.

Unha celebridade literaria á idade de 25 anos, Goethe foi ennobrecido polo Duque de Saxonia-Weimar, Carl August en 1782 despois de tomar a súa residencia alí en novembro de 1775 tralo éxito da súa primeira novela, As mágoas do mozo Werther. Foi participante no movemento literario Sturm und Drang. Durante os seus primeiros dez anos en Weimar, Goethe serviu como membro do consello privado do duque, polo que tomou parte nas comisións de guerra, supervisou a apertura das minas de prata nos arredores de Ilmenau, e implantou unha serie de reformas administrativas na Universidade de Jena. Tamén contribuíu na creación do parque botánico de Weimar e na reconstrución do palacio ducal, que en 1998 foi declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO.[1]

Despois de volver dunha xira por Italia en 1788, publicou o seu mellor traballo científico, a Metamorfose das plantas. En 1791 converteuse en director do teatro de Weimar, e en 1794 comezou a amizade co dramaturgo, historiador e filósofo Friedrich Schiller, cuxas obras estreou ata a morte de Schiller en 1805. Durante este período, Goethe publicou a súa segunda novela, Os anos de aprendizaxe de Wilhelm Meister, o verso épico Hermann e Dorothea, e en 1808, a primeira parte do seu celebrado drama, Fausto. As súas conversas e empresas comúns durante a década de 1790 con Schiller, Johann Gottlieb Fichte, Johann Gottfried Herder, Alexander von Humboldt, Wilhelm von Humboldt, August e Friedrich Schlegel teñen sido denominados colectivamente Clasicismo de Weimar.

Arthur Schopenhauer citou a Wilhelm Meister's Apprenticeship como unha das catro novelas máis grandes xamais escritas, e Ralph Waldo Emerson seleccionou a Goethe, xunto con Platón, Napoleón e William Shakespeare, como un dos seis "Homes Representativos" na súa obra homónima. Os comentarios e observacións de Goethe son a base de numerosos traballos biográficos, sendo o máis notable Conversations with Goethe de Johann Peter Eckermann. Hai frecuentes referencias ós proverbios e máximas de Goethe ó longo do traballo de Friedrich Nietzsche e numerosas alusións a Goethe nas novelas de Hermann Hesse e Thomas Mann, así como nos escritos psicolóxicos de Jung. Os poemas de Goethe foron usados polos grandes compositores do século XVIII e XIX, como Wolfgang Amadeus Mozart, Ludwig van Beethoven, Franz Schubert, Robert Schumann, Johannes Brahms, Charles Gounod, Richard Wagner, Hugo Wolf e Gustav Mahler.

De intelixencia superdotada e provisto dunha enorme e enfermiza curiosidade, fixo practicamente de todo e chegou a acumular unha omnímoda cultura. Primeiramente estudou linguas, aínda que as súas inclinacións ían pola arte e nunca, ao longo de toda a súa vida, deixou de cultivar o debuxo; á vez que escribía os seus primeiros poemas, interesouse por outras ramas do coñecemento como a xeoloxía, a química e a medicina.

  1. UNESCO (ed.). "Classical Weimar UNESCO Justification". Justification for UNESCO Heritage Cites. Consultado o 7 de xuño de 2012. 

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search