Lago Vitoria

Lago Vitoria
Lago Vitoria
Lago Vitoria, visto desde o espazo.
Lago Vitoria en Uganda
Lago Vitoria
Lago Vitoria
O lago Vitoria no mapa de Uganda
PaísTanzania, Uganda e Kenya
RexiónGran Val do Rift
LocalizaciónÁfrica oriental
Coordenadas01°20′S 33°16′L / -1.333, -33.267Coordenadas: 01°20′S 33°16′L / -1.333, -33.267
Superficie68.800 km2
Capacidade2 750 000 hm³
Lonxitude337 km[1]
Ancho240 km
Conca fluvialRío Nilo
Cota1.134 [2] msnm
Costa3.440 km
Profundidade83 m
Prof. media40 m
TipoLago de auga doce
AfluentesRíos Kagera (621 km), Mara (395 km), Nzoia (334 km), Katonga (220 km), Yala, Sondu-Miriu (220 km)
IllasSese, Rusinga, Mfangano, Ukerewe e Rubondo (máis de 3.000)
CidadesKisumu, Kendu Bay e Homa Bay (KEN)
Bukoba, Mwanza e Musoma (TAN)
Kampala, Jinja e Entebbe (UGA)

O lago Vitoria (Nam Lolwe en luo; "Nalubaale" en Luganda e Nyanza en ruanda e bantú[3]) é un dos Grandes lagos africanos, localizado nun planalto elevado na parte occidental do Gran Val do Rift, na África oriental. O nome foille dado en honor da raíña Vitoria polo explorador John Hanning Speke, o primeiro británico en documentar a súa existencia en 1858, no transcurso dunha expedición con Richard Francis Burton para localizar as Fontes do Nilo.[4][5]

En termos de superficie, con 68.870 km² (aproximadamente o mesmo que a Irlanda), é o maior lago do continente africano, o maior lago tropical no mundo e o segundo maior lago de auga doce do mundo, só superado pola superficie do lago Superior de América do Norte. En termos de volume, é o sétimo maior lago de auga doce do mundo con 2.750 km³ de auga. É unha das nacentes do río Nilo, o Nilo Branco.

O lago Vitoria recibe principalmente as súas augas das precipitacións e de milleiros de pequenos regatos. O maior curso de auga que verte no lago é o río Kagera, cuxo delta está na costa oeste do lago; e só é drenado polo río Nilo preto de Jinja, na costa setentrional.[6]

O lago Vitoria ocupa unha depresión pouco profunda cunha profundidade máxima de 84 m é unha profundidade media de 40 m.[7]

A súa bacía ten unha extensión de 184.000 km². A súa liña de costa ten 4.828 km, dos que o 3,7% son dalgunha das 3.000 illas que contén.[8] Moitas destas illas están habitadas, destacando as Illas Ssese, en Uganda, un grupo grande de illas no noroeste do lago que son un destino popular para turistas.

O lago está dividido entre tres países: un 6% corresponde a Kenya, Uganda administra un 45% e o 49% restante pertence a Tanzania.[9]

  1. Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome Hickling
  2. Lake Victoria Arquivado 08 de setembro de 2015 en Wayback Machine. (en inglés)
  3. World Digital Library (ed.). "The Victoria Nyanza. The Land, the Races and their Customs, with Specimens of Some of the Dialects" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2016. Consultado o 16 de outubro de 2015. 
  4. Dalya Alberge (11/9/2011). The Observer (The Guardian), ed. "How feud wrecked the reputation of explorer who discovered Nile's source" (en inglés). Consultado o 16 de outubro de 2015. 
  5. Moorehead, Alan (1960). "1-7". En Harper & Row. The White Nile (en inglés) 1. ISBN 0-06-095639-9. 
  6. vanden Bossche, J.-P.; Bernacsek, G. M. (1990). Food & Agriculture Org. (United Nations), ed. "Source Book for the Inland Fishery Resources of Africa" (en inglés) 1 (18): 291. ISBN 92-5-102983-0. 
  7. United Nations, ed. (1999). "Development and Harmonisation of Environmental Laws" (en inglés). 1:Report on the Legal and Instituional Issues in the Lake Victoria Basin: 17. 
  8. C. F. Hickling (1961). Longmans, ed. Tropical Inland Fisheries (en inglés). Londres. 
  9. J. Prado; R. J. Beare; J. Siwo Mbuga; L. E. Oluka (1991). Food and Agricultural Organisation (FAO), ed. A catalogue of fishing methods and gear used in Lake Victoria. UNDP/FAO Regional Project for Inland Fisheries Development (IFIP), FAO RAF/87/099-TD/19/91 (en inglés). Roma. 

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search