Leipzig

Modelo:Xeografía políticaLeipzig
Imaxe

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 51°20′24″N 12°22′30″L / 51.34, 12.375Coordenadas: 51°20′24″N 12°22′30″L / 51.34, 12.375
EstadoAlemaña
Estado federadoSaxonia - Sachsen Editar o valor em Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación616.093 (2022) Editar o valor em Wikidata (2.068,81 hab./km²)
Xeografía
Superficie297,8 km² Editar o valor em Wikidata
Bañado porElsterflutbett (en) Traducir, Weisse Elster (en) Traducir e Pleiße (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Altitude113 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Xefe do gobernoBurkhard Jung (pt) Traducir (2006–) Editar o valor em Wikidata
Membro de
Identificador descritivo
Código postal04003, 04357, 04275, 04155, 04157, 04109, 04105, 04229, 04317 e 04159 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico0341 Editar o valor em Wikidata
Código NUTSDED51 Editar o valor em Wikidata
Número de municipio alemán14713000 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con
Kíiv (1961–) Editar o valor em Wikidata

Páxina webleipzig.de Editar o valor em Wikidata
BNE: XX453635

Leipzig (Leipzig.ogg son ; IPA: [ˈlaɪpt͡siç]) é unha Kreisfreie Stadt (cidade independente) no noroeste de Saxonia (Alemaña) na confluencia dos ríos Pleiße, Weiße Elster e Parthe e ten 297.60 km².

Os seus 520.838 habitantes fana a cidade máis poboada de Saxonia.

A corporación municipal está composta por 19 concelleiros do SPD, 19 do PDS, 19 do CDU, 7 dos Verdes, 3 do FDP, 1 do DSU, 1 do FORUM e 1 outros.

O primeiro documento no que aparece a localidade data do ano 1015. Trala concesión do foro e dos privilexios de comercio no ano 1165, desenvolveuse como importante punto comercial no centro de Europa, cun dos mercados máis antigos do mundo, que data do ano 1190, e a imprenta tivo unha grande importancia.

Xa no ano 1165 a cidade recibiu o dereito de cidade e mercado (agora recinto feiral). Desde entón, Leipzig converteuse nun dos centros de comercio máis importantes de Europa central. A cidade ten unha longa tradición de recinto feiral unha das feiras máis antigas (1190) de Europa. Xunto con Fráncfort é Leipzig o centro histórico da imprenta e do comercio. Ademais, na cidade atópase unha das universidades máis antigas de Alemaña. Nas últimas dúas décadas, Leipzig foi o centro das manifestacións dos luns (Montagsdemonstrationen) de 1989, as cales lle deron o impulso necesario á reunificación alemá.

En Leipzig, ademais, atópanse unha das universidades e escolas superiores de música máis antigas de Alemaña. A cidade conta cunha grande tradición musical, principalmente debida á actividade de Johann Sebastian Bach e de Felix Mendelssohn Bartholdys e afianzada pola orquestra da Gewandhaus de Leipzig e polo coro da igrexa de Tomás.


© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search